arquivo

PROBANDO OS ESCORNABOT

Como teremos que programar o Escornabot para que lle de un bico a Nemo?

PROCESO DE ELABORACIÓN LIBRO DOS GATOS

Aquí vos deixamos as imaxes do proceso de creación do libro dos gatos. Este é un libro colaborativo feito polas tres clases de primeiro. Parbéns polo traballo a alumnado e mestres! Aumentamos os exemplares da Editorial Pingüi e apoiamos con materiais dende a biblioteca do centro. 

GAÑADORES DO I CONCURSO "A AUGA NON PARA"

O pasado 1 de xuño o alumnado de 6ºB do noso centro proclamouse campión do I Concurso "A auga non para" organizado pola Empresa Emalcsa e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Como premio tiveron saídas didácticas pola contorna coa oportunidade de coñecer lugares como a Aula da Natureza de Abegondo/Crendes, ruta ata o embalse de Cecebre e visita ao obsevatorio de aves e embalse de Beche, entre outras. Para máis información pódese visitar a páxina de EMALCSA.  (picade no enlace para ver más imaxes)

Aquí vos deixamos algúns momentos desta actividade.

A EDITORIAL PINGÜI CHEGA AO CONCELLO

Xa se poden consultar algúns dos exemplares dos libros feitos dentro da Editorial Pingüi na Biblioteca Municipal.

FIN DE CURSO 17/18

Remata un curso máis cheo de risas e algunha que outra bágoa. Aquí vos deixamos algúns dos fenomenais momentos que vivimos no concerto de "AS MAIMIÑAS". Recordade que podedes atopar e levar para a casa os seus CD porque os temos na biblioteca.

BO VERÁ A TODOS E TODAS!

 

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña