Skip to Content

arquivo

DÍA DA PAZ

Coa cantiga "Cantarela dos nenos" de A. Fernández, facendo o símbolo da paz entre todos e todas e a través dun acto simbólico de entrega de bandeiras, así conmemoramos este ano o Día da Paz no colexio. A multicularidade, a música e a diversidade foron protagonistas. Aquí vos deixamos os mellores momentos deste día. 

Día da Paz from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

GRUPOS INTERNIVEL

Nas últimas horas dos venres, profes e alumnado de 5º, 6º e 1º intercambiámonos. Cada aula convértese nun taller diferente: COMUNICACIÓN ORAL, AUDIOVISUAIS, PRENSA, HORTO, ROBÓTICA E CIENCIA. Os grupos son rotatorios e mensuais de maneira que todo o alumnado pasará por todos os talleres. Aquí vedes un resumo deste primeiro mes: moitos experimentos; recomendacións lectoras a través de reseñas e con códigos QR; comunicación utilizando os diferentes sentidos; construción, robótica, enxenería e imaxinación; natureza, observación e agricultura e elaboración de noticias para publicar no xornal do Concello de Carral. Pretendemos crear comunidade a través de tarefas entretidas, dinámicas e didácticas que melloran a convivencia no centro e potencian a aprendizaxe entre iguais.  

RESEÑAS LITERARIAS NO TALLER DE AUDIOVISUAIS

Picade nos enlaces (cadeas lilas) para acceder ás opinións dos títulos que podedes atopar na biblioteca e que vos recomendan os compañeiros e compañeiras. Neste taller traballamos a reseña literaria e presentámola de forma oral para aprender os usos responsables das TIC,  a inguaxe audivisual e a expresión oral. 

DESCUBRINDO CARRAL: TEMOS MOITO QUE CONTAR

Saíron as cartas de Pingüi para todas as aulas. O luns o alumnado do centro atoparase con sorpresas! Esas bolsas van cargadiñas de agasallos: Escornabots, libros, Legos, puzzles, cantigas, mandiles de Carral, mapas, animais, miniaturas prehistóricas... Boa búsqueda de información a todos e todas! 

DÍA DE ROSALÍA

No día de Rosalía traballamos sobre as inxustizas sociais que estaban presentes na súa época e versos e seguen a repetirse nos nosos tempos. Seguimos a proposta da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) a través dunha actividade na que participou todo o centro e que propuxo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. "Do S.XIX ao S. XXI: Libre o meu pensamento!", este é o lema central do manifesto de Ana Romaní. Dende a biblio foméntase tamén a lectura da súa obra cunha actividade complementaria: "Leva un poema e deixa outro".

Día de Rosalía from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo

NOVOS FONDOS DE POESÍA

Neste mes de Febreiro renovamos os fondos de poesía, neste caso da man da escritora Mar Bengas, con pareados, cantigas e outros títulos cheos de musicalidade, rimas, metáforas e xogos de palabras. 

CLUB DE CIENCIA

Esta so é unha pequena recompilación de imaxes do Club de Ciencia que se está a desenvolver os martes pola tarde co alumnado de 5º e 6º de EP: electricidade, robótica, bioloxia, magnetismo, son, reciclaxe... e un montón de prácticas relacionadas coas habilidades STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas).

Club de Ciencia 2019 from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.