Novas Consellería de Educación

A Xunta de Galicia acometerá a rehabilitación integral do CEIP Barrié da Maza de Santa Comba

Novas Consellería de Educación - fai 5 horas 54 min

Summary: 

O proxecto, que xa está en redacción, contará cun orzamento de 1,5 millóns de euros tal e como informou hoxe a Consellería de Educación no Parlamento

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia acometerá a rehabilitación integral do Colexio CEIP Plurilingüe Barrié da Maza de Santa Comba, que contará cun orzamento de arredor de 1,5M€. Así o avanzou hoxe o secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, en resposta a unha pregunta na Comisión 4ª do Parlamento de Galicia.

 

“Este proxecto xa foi encargado a pasada lexislatura e agora reafirmamos o noso compromiso de rehabilitar este centro educativo”, indicou o representante da Consellería. “O proxecto xa está en redacción e, se todo vai segundo o que temos previsto, esperamos ter este verán o proxecto para despois aprobalo e licitalo canto antes e, así, poder estar no verán do ano que vén traballando na obra, que terá unha duración aproximada de nove meses”, engadiu. A actuación consistirá na substitución da cuberta, no illamento térmico, na renovación de toda a carpintería exterior e na interior en función do seu estado e no cambio de luminarias, entre outras.

 

Con esta obra, a Consellería de Educación garantirá que o CEIP Barrié da Maza conte cunhas instalacións modernas e adaptadas ás novas necesidades educativas. “Esta actuación súmase ao traballo xa feito en Santa Comba, onde xa investimos máis de 324.000 euros”, insistiu o secretario xera técnico sobre os centros educativos do concello. No caso do CEIP Pepe Xan de Baña, o colexio “conta coas infraestruturas necesarias para prestar un servizo educativo baixo os máximos estándares de calidade”, engadiu.

 

Un traballo de todas as administracións

Durante a súa intervención no Parlamento, Manuel Vila quixo recordar que todas as administracións públicas teñen competencias nos centros educativos, sendo “un traballo de todos, onde o Concello e o Ministerio deben asumir as súas responsabilidades”.

 

Pola súa parte, a Xunta de Galicia traballa desde fai anos na renovación das infraestruturas educativas. “O Goberno galego continuará actuando en función das necesidades dos centros, tendo en conta que en Galicia hai máis de 1.600 edificios cunha antigüidade media de 40 anos”, sinalou o secretario xeral técnico.

 

Así mesmo, desde o ano 2021 a Consellería de Educación actúa nos espazos educativos a través do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, co que se están a investir 300M€ e baixo o que xa se realizaron máis de 1.300 obras de distinta envergadura. “Continuaremos planificando as actuacións de xeito progresivo co obxectivo de ofrecer un servizo educativo de calidade en todos os centros”, concluíu Manuel Vila.

 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez aposta polo traballo colectivo e a igualdade de oportunidades no ensino para acadar os obxectivos de desenvolvemento sostible

Novas Consellería de Educación - fai 6 horas 45 min

Summary: 

O conselleiro de Educación participa na inauguración da IV edición do Congreso Educativo, EducODS 2030, organizado polo Colexio CEIP Plurilingüe Número 1 de Tui

A iniciativa, que se prolongará ata o venres, busca facer reflexionar á comunidade educativa sobre “os retos e necesidades do presente e do futuro”

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou hoxe na inauguración da IV edición do Congreso Educativo EducODS 2030, unha cita que organiza o Colexio CEIP Plurilingüe Número 1 de Tui arredor dos obxectivos de desenvolvemento sostible da axenda 2030.

 

Este evento, que conta coa participación dunha vintena de centros educativos da provincia de Pontevedra e de dous de Valença do Miño (Portugal), é unha ”chamada á colaboración plural, ampla e diversa con obxectivos comúns que benefician a todos por igual”, afirmou Román Rodríguez durante a inauguración. “Encontros coma este, no que os equipos docentes e o alumnado son protagonistas, son clave para reflexionar sobre os retos e necesidades do presente e do futuro”, engadiu.

 

No que atinxe ao eido da educación, o representante da Xunta comprometeuse a seguir traballando para “ofrecer as mellores ferramentas e recursos posibles” para acadar a igualdade de oportunidades. “Isto supón universalizar a experiencia educativa de xeito que ningún alumno, independentemente da súa condición, quede sen recibir a formación necesaria para ser parte do desenvolvemento social”, subliñou o conselleiro, quen remarcou a importancia de ofrecer un modelo educativo que sitúe “a inclusión e a calidade da atención no centro da programación”, así como “entender que a diversidade é a nosa maior fortaleza”.

 

Esta cita, que se prolongará ata o 7 de xuño, conta cunha feira na que os centros educativos participantes comparten ao longo dos catro días as súas experiencias educativas e competencias sobre os obxectivos de desenvolvemento sostible. Unha iniciativa que involucra á comunidade escolar e que, como dixo Román Rodríguez, “é responsabilidade de todos, pois todos debemos asumir os obxectivos de desenvolvemento sostible polo benestar colectivo de toda a mocidade”.

 

Centros participantes

Os centros educativos que participan nesta IV edición do Congreso Educativo, EducODS 2030 son os colexios CEIP Pazos de Reis (Pontevedra), CEIP Plurilingüe Nº2 (Tui), CEIP Coutada Beade (Vigo), CEIP Martínez Alonso (Pontevedra), CEIP Plurilingüe da Ribeira (O Porriño), CEIP Balaídos (Vigo), CEIP Pintor Antonio Fernández (Tomiño), CEIP Plurilingüe Nº1 (Tui), CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán (Tomiño), CPR Santa María – Maristas (Tui), CPR Plurilingüe Monterrey (Vigo), Seminario Menor de Tui, Centro de Educación Especial CEE de Panxón (Nigrán) e o Colexio Rural Agrupado CRA Mestra Clara Torres (Tui); os institutos IES San Paio (Tui), IES Indalecio Pérez Tizón (Tui) e IES Valadares (Vigo); a Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual - Aceesca (Pontevedra) e a Escola da Banda de Música Popular de Tui.

 

Ademais, os participantes neste encontro poderán asistir hoxe a un contacontos sobre a igualdade, a unha mesa redonda sobre o camiño para facer de Tui unha vila accesible e ao concerto da Banda de Música Xuvenil de Tui.

 

Xa mañá, mércores, inaugurarase a xornada educativa inclusiva na que varios expertos exporán ante os asistentes os seus estudos e traballos. Betina Represas falará sobre o papel da comunicación para crear vínculos sans; José Ramón Lago e Carmen Vaz porán en común a súa visión sobre a aprendizaxe cooperativa como recurso para a inclusión, e Raúl Bermejo centrarase na importancia do desenvolvemento da creatividade na infancia.

 

O xoves, o alumnado dos centros educativos de Tui dará forma a un show científico, ademais de participar nunha mesa redonda coa mestra Sara Luque sobre claves para mellorar a xestión de residuos no concello. A xornada rematará co concerto do Coro de Pazos de Reis e, finalmente, o venres celebrarase un encontro de carrilanas e clausurarase esta edición do programa ao ritmo dunha batucada.

 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Matrícula no programa That's English! nas escolas oficiais de idiomas

Novas Consellería de Educación - fai 9 horas 22 min
Idioma Gallego

Xúntase a Instrución 2/2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional sobre a organización dos niveis Básico A2, Intermedio B1, Intermedio B2 e Avanzado C1 das ensinanzas de inglés de réxime especial na modalidade de educación a distancia, mediante o programa That’s English! para o curso 2024/25.

Prazos de matrícula:

- Do 28 de xuño ao 12 de xullo de 2024, para o alumnado matriculado nesta modalidade no curso 2023/24 que desexe continuar os seus estudos no curso 2024/25.

- Do 2 de setembro ao 31 de outubro de 2024, para o resto do alumnado.

Máis información: Instrución 2/2024

Tema: 

Escolarización

Ensinanza: 

Ensinanzas de idiomas de réxime especial

Departamento: 

Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente

Colectivo: 

Alumnado

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Instrución 2/2024, da Secretaría Xeral de Universidades de avaliación do rendemento de investigadores contratados no Programa de axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de distinguidos nas universidades do SUG

Novas Consellería de Educación - fai 9 horas 58 min
Idioma Gallego

Xúntase a Instrución 2/2024, da Secretaría Xeral de Universidades, co procedemento que permite a avaliación do rendemento das persoas investigadoras contratadas no Programa de axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Anuncio principal: 

Axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do SUG para o ano 2020

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Universidade

Departamento: 

Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación

Colectivo: 

Alumnado

Recoñecemento de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres (ED020A)

Novas Consellería de Educación - fai 11 horas 12 min
Idioma Gallego

Apertura do prazo para que o persoal docente funcionario de carreira do corpo de mestres solicite o recoñecemento de novas especialidades de acordo co do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, polo que se establecen as especialidades docentes do corpo de mestres que desempeñen as súas funcións nas etapas de educación infantil e de educación primaria reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

O prazo permanecerá aberto nesta convocatoria desde o 1 de xuño ata o día 1 de xullo de 2024, ambos incluídos.

 

As solicitudes formularanse unicamente por medios electrónicos mediante o procedemento normalizado ED020A.

File: 

Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro (BOE) Orde do 23 de xuño de 2020 (DOG)

Tema: 

Información xeral Programas e plans

Ensinanza: 

Educación infantil Educación primaria

Departamento: 

Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Rueda destaca o incremento nun 11 % das prazas de novo ingreso en FP ata sumar 46.714 e o impulso das titulacións de alta especialización exclusivas de Galicia

Novas Consellería de Educación - Lun, 03/06/2024 - 16:06

Summary: 

Resalta que Galicia contará o vindeiro curso “coa maior oferta de prazas de Formación Profesional” da súa historia

Son 4.540 prazas máis para cursar 214 titulacións diferentes de FP

Salienta que, ademais, amplíase o catálogo coa implantación de 17 novas titulacións: dous novos ciclos, outros dous másteres e 13 novos títulos de alta especialización

A oferta de alta especialización, moi demandada polo tecido empresarial, medra máis dun 52 % ata acadar as 623 prazas

A FP Dual medra un 45 % e os másteres fano por riba do 50 %

Continúase impulsando a oferta no rural galego, cun 11,5 % máis de prazas

Idioma Gallego

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que o Consello deu hoxe o visto e prace “á maior oferta de prazas de Formación Profesional na historia de Galicia”, así como a implantar 17 novas titulacións o vindeiro curso 2024/2025.

 

Rueda salientou que o obxectivo é adaptar estas ensinanzas “ás necesidades do tecido produtivo galego”, así como garantir e seguir mellorando a inserción laboral que xa se sitúa no 85% e que case chega ao 100% no caso da FP Dual. “Trátase tamén de redignificar a FP, algo que xa estamos conseguindo dado o incremento de matrícula destes anos, con case 65.000 alumnos, que é algo máis do dobre que hai dez anos”, apuntou.

 

Tal e como se amosa no informe elevado pola Consellería de Educación, Universidades, Ciencia e Formación Profesional ao Consello da Xunta que tivo lugar hoxe, Galicia contará o próximo curso cunha oferta de 46.714 prazas de novo ingreso, o que representa 4.540 prazas máis que o curso que agora remata (preto dun 11 % máis) e unha cifra récord no conxunto das 214 ofertas diferentes entre os 153 ciclos de grao básico, medio e superior, 22 másteres, 24 títulos de alta especialización e 15 programas formativos.

 

 

Grao básico

Grao medio

Grao superior

Total

Programas formativos

15

 

 

15

Ciclos

26

48

79

153

Másteres

 

4

18

22

Título de alta especialización

 

7

17

24

Total

41

59

114

214

 

Así pois, a Formación Profesional galega medra tanto no conxunto da Comunidade como en cada un dos territorios e na case totalidade dos sectores e familias grazas á potenciación da modalidade de FP Dual Intensiva, aos másteres de FP e aos itinerarios de alta especialización exclusivos de Galicia que agora se impulsan de xeito considerable. Isto garante unha oferta ampla, variada, que chega a todo o territorio e que dá resposta a todos os sectores produtivos.

 

Non en balde, esta oferta foi deseñada logo de escoitar os axentes educativos e socioeconómicos a través do Plan Conecta FP Galicia, con encontros sectoriais e territoriais nos que participaron máis de 12.000 empresas, 400 asociacións, clúster ou entidades empresariais e uns 300 centros.

 

Datos destacados

Prazas curso 2024/2025

Incremento de prazas con respecto ao curso 2023/2024

Porcentaxe de crecemento

Prazas totais no sistema de FP

46.714

+4.540

+10,76 %

FP Dual Intensiva

6.153

            +1.926

+45,33 %

Másteres

1.658

+576

 

+53,23 %

Títulos alta especialización

623

             +214

 

+52,32 %

Prazas no rural

7.631

+789

+11,53 %

 

Dentro do catálogo de 214 titulacións, hai catro que se implantan por primeira vez en Galicia, dúas delas en ciclos formativos e outras dúas de máster. Formacións que, tal e como apuntou o presidente da Xunta, contan “cunha alta empregabilidade e onde hai moitas vacantes”: 

 

Centros

Novos ciclos

CIFP de Vilamarín, Ourense (Dual Intensiva)

Ciclo de grao básico Aproveitamento Forestais

 

CIFP As Mercedes, Lugo

CIFP Valentín Paz Andrade, Vigo

(Dual Intensiva)  

Ciclo de grao medio Condución de Vehículos de Transporte por Estrada

Centros

Novos másteres

CIFP As Mercedes, Lugo

IES Luís Seoane, Pontevedra

Ciclo superior de Posicionamento en Buscadores (SEO/SEM) e Comunicación en Redes Sociais

CIFP As Mercedes, Lugo

CIFP Fontecarmoa, Vilagarcía de Arousa

CIFP Portovello, Ourense

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, Ferrol

IES Luís Seoane, Pontevedra

Ciclo superior de Redacción de contidos Dixitais para Márketing e Vendas

 

Títulos de alta especialización

Rueda resaltou que “unha das principais novidades” para o vindeiro curso escolar é “o reforzo dos títulos de alta especialización, unha modalidade de FP na que Galicia é pioneira”. Trátase dunha formación na que se unen dobre titulacións ou combinacións de ciclos, másteres e cursos distintos e que atende unha demanda específica por parte dos sectores produtivos.

 

Así pois, o vindeiro curso vanse ofertar un total de “24 títulos de alta especialización, 13 deles de nova implantación” e que abranguen eidos económico-industriais moi variados como son automoción e os novos vehículos híbridos, a robótica, a xestión turística, a restauración, a soldadura, as telecomunicacións, a transformación da madeira ou a cantería, entre outros.

 

En total ofértanse 623 prazas, o que representa un aumento de máis do 52 % con respecto ao presente curso. Para iso constituiranse 27 grupos de alta especialización distribuídos por toda a xeografía galega. Os de nova incorporación son os seguintes:

 

Concello

Centro

Ciclo

PROVINCIA DA CORUÑA

A Coruña

IES Urbano Lugrís

GM Instalacións de telecomunicacións e oferta parcial de Sistemas microinformáticos e redes

Carballo

IES Monte Neme

GS Instalación e mantemento de sistemas conectados a internet (IoT) e oferta parcial de Robótica colaborativa

Ribeira

CIFP Coroso

GM Mantemento electromecánico e oferta parcial de Elaboración de produtos alimentarios

Ribeira

CIFP Coroso

GS Dobre titulación en Automoción e Mantemento e seguridade en sistemas de vehículos híbridos e eléctricos

PROVINCIA DE OURENSE

Ourense

CIFP A Farixa

GS Dobre titulación en Xestión de aloxamentos turísticos e Axencias de viaxes e xestión de eventos

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Poio

Escola de Cantería de Poio

GM Pedra natural especializado en cantería

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza

GS Dirección de cociña e oferta parcial de Dirección de servizos de restauración

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza

GS Dirección de cociña e oferta parcial de Procesos e calidade na industria alimentaria

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza

GS Dirección de servizos de restauración e oferta parcial de Xestión de aloxamentos turísticos

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza

GS Dobre titulación en Axencias de viaxes e xestión de eventos e Guía, información e asistencia turísticas e oferta parcial de Animación sociocultural e turística

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza

GS Guía, información e asistencia turísticas especializado en enoturismo

Valga

IES Plurilingüe de Valga

GS Mecatrónica industrial e oferta parcial de Automatización e robótica industrial

Vigo

CIFP Valentín Paz Andrade

GS Construcións metálicas e oferta parcial de Automoción

 

Potenciación da FP Dual Intensiva e dos másteres

A modalidade de FP Dual Intensiva (a FP Dual clásica que na nova normativa estatal pasa a denominarse así) é unha das que máis pulo recibe por parte do Goberno galego con 6.153 prazas, o que supón un incremento de case o 45 %. Esta modalidade consolídase, por tanto, como unha vía para acadar unha maior formación na empresa, o que garante unha inserción laboral de preto do 100 %.

 

No que atinxe aos másteres, para o próximo curso ofértanse un total de 1.658 prazas, o que representa un crecemento de máis do 53 % respecto á oferta do presente curso. En total, ofértanse 76 grupos de másteres distribuídos por toda a xeografía galega.

 

Por outra parte, tamén se mantén a oferta de programas formativos básicos, un instrumento de especial relevancia para que o alumnado con necesidades educativas especiais poida conseguir a súa incorporación ao mercado laboral ou a súa continuidade no sistema educativo. 

 

“O obxectivo é seguir co pulo que dende hai anos lle damos desde a Xunta a esa revolución silenciosa que está a vivir a FP”, indicou Rueda.

 

Impulso ao rural

As necesidades de formación no territorio rural detectadas a través dos encontros do Plan Conecta FP permiten seguir afianzando a aposta por unha oferta formativa atractiva en áreas de menor densidade demográfica, o que confire oportunidades tanto aos mozos e mozas como ás empresas ao tempo que contribúe a fixar poboación.

 

Así pois, para o próximo curso ofértanse un total de 7.631 prazas no rural, un 11,5% máis que as dispoñibles ata o momento a través da ampliación de ciclos formativos e de másteres na modalidade dual intensiva.

 

A este obxectivo responden ciclos como os de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural en Mondoñedo e Ribadeo, Aproveitamentos forestais en Vilamarín, Automatización e Robótica industrial en Cee, Produción Agroecolóxica en Arzúa, Automoción en Chantada, Curtis, Ordes, Ponteceso, Ribadavia, Ribadeo e Sanxenxo, Gandaría e Asistencia en sanidade animal en Boqueixón, Melide e Xinzo de Limia ou Paisaxismo e Medio rural en Arzúa e Bergondo, entre outros.

 

Por outra parte, tamén se incrementan nun 8,8 % as prazas de grao medio no rural, un itinerario axeitado para o alumnado que remata un ciclo de grao básico e que é unha ferramenta de loita contra o abandono escolar temperán e para favorecer a inserción laboral.

 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Instituto Val Miñor de Nigrán recoñece a Betty León Fong co Premio Muller Científica 2024

Novas Consellería de Educación - Lun, 03/06/2024 - 15:52
Idioma Gallego

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participou hoxe no acto de entrega do Premio Muller Científica 2024 a Catedrática de Física Aplicada Betty León Fong. O galardón outórgao desde 2018 o Instituto IES Val Miñor de Nigrán para poñer en valor o relevante papel das mulleres na ciencia.

 

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP felicitou ao centro por esta iniciativa, “que favorece o achegamento das nenas e mozas a este ámbito, promovendo as vocacións científicas, na liña do que estamos a impulsar desde a Xunta de Galicia”, destacou. Así mesmo, fixo fincapé na traxectoria pioneira da galardoada deste ano, creadora en 1982 do grupo de investigación Novos Materiais, da Universidade de Vigo, no ámbito dos novos materiais e da ciencia e a tecnoloxía de superficie.

 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Ciclo de Cultura Científica da Xunta afonda mañá no impacto da Intelixencia artificial na educación da man do investigador Francisco Bellas

Novas Consellería de Educación - Lun, 03/06/2024 - 15:51

Summary: 

O experto ofrecerá na Cidade da Cultura unha visión realista e fundada sobre os novos retos que supón a aparición desta nova tecnoloxía

Idioma Gallego

A segunda edición do Ciclo de Cultura Científica da Xunta, co lema Tecnoloxía con sentidiño, afonda esta semana nun dos aspectos de maior actualidade sobre o impacto da tecnoloxía na sociedade: a intelixencia artificial. Será da man de Francisco Bellas Bouza, investigador e especialista en intelixencia artificial do Centro de Investigación en TIC da Universidade da Coruña.

 

Baixo o título Educación na era da intelixencia artificial: vaiamos a modo, a conferencia centrarase nos novos retos que supón a aparición da intelixencia artificial, especialmente de ChatGPT no ensino, ofrecendo unha visión realista e fundada sobre se estas novas ferramentas dixitais constitúen ou non unha auténtica revolución educativa. O obxectivo é axudar a docentes, estudantes e familias a coñecer as súas limitacións, beneficios e riscos.

 

O relatorio poderá seguirse de forma presencia no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, de 18,00 a 19,30 h., e tamén será retransmitida en streaming na canle de YouTube da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

 

Penúltima cita do ciclo

A segunda edición do Ciclo de Cultura Científica da Xunta, baixo o lema Tecnoloxía con sentidiño, vai chegando ao seu final, tras as conferencias de Héctor Ruíz Martin, Espido Freire, José César Perales, Juanjo Montiel e Javier Sainz de los Terreros.

 

A última conferencia desenvolverase o 11 de xuño, da man de Luis Sánchez Santos, profesional sanitario do Sergas. Achegará unha visión desde a pediatría e as Ciencias da saúde co relatorio Cruzando saúde infanto-xuvenil e tecnoloxía.

 

O ciclo está dirixido ao público en xeral, comunidade educativa e aos docentes. O profesorado asistente ao ciclo completo recibirá un certificado de 12 horas de formación do profesorado. Coas charlas configurarase un libro, cun artigo específico para cada unha delas.

 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Cualificacións provisionais Convocatoria 2024

Novas Consellería de Educación - Lun, 03/06/2024 - 13:41
Idioma Gallego

Publicada a listaxe provisional de cualificacións das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Período de reclamación: do 3 ao 7 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Mais información.

Tema: 

Escolarización

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación Profesional

Colectivo: 

Alumnado

Listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente segundo a Orde do 29 de xaneiro de 2024, pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras

Novas Consellería de Educación - Lun, 03/06/2024 - 11:01
Idioma Gallego

Publicadas as listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente, segundo a Orde do 29 de xaneiro de 2024, pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 12/02/24).
As listaxes pódense consultar na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

Anuncio principal: 

Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva

Tema: 

Bolsas Lingua estranxeira Programas e plans Axudasle

Ensinanza: 

Bacharelato

Departamento: 

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Alumnado Familias Centros

Sección: 

Linguas estranxeiras

Convocado concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes non universitarios para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería (ED013C)

Novas Consellería de Educación - Lun, 03/06/2024 - 10:00
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 21 de maio de 2024 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

  • O prazo para a presentación de solicitudes para tomar parte nesta convocatoria abranguerá desde o día 4 de xuño de 2024 ata o día 17 de xuño de 2024, ambos incluídos, e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, empregando o procedemento normalizado ED013C.
  • Non se admitirá ningunha solicitude que non se presente por medios electrónicos empregando o procedemento normalizado ED013C.
  • As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude así como a folla de autobaremación que consta na sede electrónica no procedemento normalizado ED013C.
  • Neste mesmo prazo, as persoas interesadas poderán actualizar o seu expediente persoal en relación cos méritos que se pretenden alegar neste concurso específico mediante o enderezo web www.edu.xunta.gal/datospersoais seleccionando a Convocatoria de prazas sometidas a convenio 2024 e presentar a dita solicitude por medios electrónicos no procedemento normalizado ED011A.

File: 

Orde do 21 de maio de 2024 (convocatoria) (DOG)

Tema: 

Comisións de servizo

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Un total de 150 alumnos de seis centros educativos galegos poñen en escena a ópera Le Ville de Puccini

Novas Consellería de Educación - Sáb, 01/06/2024 - 21:14
Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou os ensaios da ópera Le Villi, de Giacomo Puccini, que este sábado representan 150 alumnos de seis centros de ensino galegos. En concreto, trátase do Conservatorio Superior de Música da Coruña, da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña e os centros integrados de FP Imaxe e Son, Paseo das Pontes e Someso, os tres da Coruña.

O titular de Educación da Xunta felicitou aos estudantes polo excelente traballo desenvolvido nos diferentes ámbitos da representación. Non en balde, os centros levan a cabo desde a escenificación, iluminación e realización, ata o vestiario e complementos, pasando pola maquillaxe e perruquería, entre outros elementos. A obra conta tamén co apoio institucional do Centro Coreográfico Galego e do Centro Dramático Galego, do Concello da Coruña e da Orquestra Sinfónica de Galicia, que cede instrumentos.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa a Escola de Cantería de Poio coa súa conversión nun centro integrado de FP e a incorporación de catro novas titulacións

Novas Consellería de Educación - Sáb, 01/06/2024 - 15:50

Summary: 

Román Rodríguez subliña que o obxectivo é “potenciar o oficio da cantería” fomentando a innovación e a tecnoloxía e atendendo ás demandas do sector

Entre as novidades formativas destaca o ciclo en Pedra natural especializado en cantería, unha das 13 novas titulacións de alta especialización que se implantarán en Galicia o próximo curso

Tamén se ofertarán os ciclos duais de Proxectos de edificación e de Construción e o grao básico en Reforma e mantemento de edificios

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia dálle un impulso a Escola de Cantería de Poio (Pontevedra) coa súa incorporación á Rede de Centros Integrados de FP e o reforzo da oferta formativa con catro novas titulacións para o vindeiro curso 2024-25, entre elas unha de alta especialización do total de 13 novas deste tipo que se incorporan a partir de setembro.

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez achegouse esta mañá á Escola para dar conta das novidades académicas para este centro, logo de que o Goberno autonómico asumira a súa titularidade o pasado ano para convertese nun centro público docente dependente da Consellería. Un cambio que se traduce en melloras importantes para o alumnado, xa que a partir deste curso, ensinanzas que ata agora eran consideradas como formación non formal pasarán a ser títulos oficiais, ademais de permitir que os antigos alumnos, que non tiñan un título homologado, poidan acreditar a experiencia profesional.

“Neste traspaso asumimos o compromiso de potenciar o oficio da cantería en liña coas novas necesidades e demandas do sector e que agora plasmamos a través da nova oferta de FP que se aprobará no Consello da Xunta deste luns e na que teremos de novo un récord de prazas”, explicou o conselleiro, que destacou o deseño de itinerarios formativos “moi específicos e especializados e titulacións de alta especialización que vai supoñer un salto de calidade” nos estudos de cantería en Galicia.

Paralelamente, a Xunta está ultimando os trámites administrativos para a incorporación da Escola de Cantería á Rede de Centros Integrados de FP como un CIFP especializado no sector da edificación, a construción e a cantería, polo que serán xa 28 os centros que formen parte desta rede que está en constante ampliación.

Precisamente, este é un dos dos obxectivos fixados na Estratexia de FP Galicia 2030, que establece como un dos seus eixes promover o papel dos centros integrados de excelencia como referencia para cada familia profesional e sector produtivo e que estes centros desenvolvan accións de innovación do profesorado coa participación activa do tecido empresarial e de institución.

Así pois, no caso da Escola de Cantería, a súa inclusión na Rede de CIFP enmárcase na aposta da Xunta por “recuperar e potenciar o oficio de cantería, un dos máis antigos e representativos de Galicia é un dos eidos con máis dificultades de relevo xeracional”, subliñou o conselleiro. O titular de Educación explicou tamén que a oferta deseñouse tendo en conta tamén a crecente demanda das empresas de contar con persoas que dispoñan das competencias necesarias para empregar as últimas tecnoloxías e materiais, co obxecto de ofrecer solucións innovadoras no eido construtivo.

Oferta que se incorpora

Neste contexto, e para atender precisamente á finalidade de “compaxinar o estudo dun oficio artesán cos novos retos tecnolóxicos”, a partir de setembro incorpóranse catro novas titulacións ao catálogo formativo desta escola, das cales dúas son ciclos duais e outra é unha titulación de alta especialización. Suman un total de 92 prazas de nova oferta e o compromiso é seguir incrementando o número ano a ano ata superar as 300.

Trátase do ciclo básico en Reforma e Mantemento de Edificios (18 prazas), dos ciclos de FP dual en Construción (22 prazas) e en Proxectos de Edificación (30 prazas) e da titulación de alta especialización en Pedra Natural especializada en cantería (22 prazas), unha das 13 deste tipo que entran novas este curso en toda Galicia.

As titulacións de alta especialización son unha proposta exclusiva de Galicia onde, atendendo a demandas específicas por parte dos sectores produtivos, deséñanse itinerarios formativos moi especializados feitos ad hoc que ben poden ser dobres titulacións ou combinacións de ciclos, másteres e cursos de distintos títulos. Por tanto, no caso da titulación de Pedra Natural especializada en cantería está enfocada a formar persoal con alta cualificación para atender a demanda nos sectores da construción en pedra e da restauración.

Na visita á Escola de Cantería, o conselleiro estivo acompañado pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e por representantes das empresas Construcciones Hermanos Sanz, Construcciones Ramírez, Aluminios Cortizo, e SanJosé Constructora, que colaboran coa Formación Profesional neste centro. O alcalde de Poio, Ángel Moldes, foi o encargado de dar a benvida a todos os asistentes.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anima á mocidade a achegarse ao stand de FP en Silleda para coñecer a oferta destas ensinanzas que se reforzarán o vindeiro curso

Novas Consellería de Educación - Sáb, 01/06/2024 - 15:45

Summary: 

O conselleiro visita o expositor no Salón de Alimentación do Atlántico, onde avanzou que se acadará de novo “unha cifra histórica” de prazas de FP

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou esta mañá o stand de Formación Profesional no Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat Abanca) que se está a desenvolver na Feira Internacional de Galicia Abanca, na localidade de Silleda.

O titular de Educación do Goberno galego animou á mocidade a que se achegue a este espazo para coñecer de primeira man “a oferta formativa e as saídas profesionais” que ofrecen estas ensinanzas “nas que Galicia é un referente a nivel estatal”. A este respecto, indicou que a Xunta vai reforzar, de novo, a oferta de prazas de FP para o vindeiro curso, polo que “acadaremos outro máximo histórico”.

Así pois, ata mañá domingo, cando a feira pechará as súas portas, as persoas que se acheguen ao stand da FP galega en Silleda recibirán información de primeira man sobre o abano de posibilidades formativas que ofrece o sistema educativo galego neste eido, e mesmo poderán asistir a demostracións e experiencias en directo a través de distintos obradoiros. Este ano están representados os centros integrados de FP CIFP Paseo das Pontes da Coruña), CIFP Fraga do Eume de Pontedeume, CIFP Compostela de Santiago,  CIFP Manuel Antonio de Vigo e CIFP de Vilamarín.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a alianza con Netflix, Vaca Films e FAD Juventud para formar grandes profesionais do audiovisual

Novas Consellería de Educación - Sáb, 01/06/2024 - 15:43

Summary: 

O conselleiro de Educación participa na clausura da segunda edición deste programa no que participan 25 estudantes, que recibiron formación como atrecistas

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou esta mañá na clausura da segunda edición do programa Formando equipo: traballa no audiovisual, impulsado polo Goberno galego, a plataforma Netflix, a produtora Vaca Films e a fundación FAD Juventud para a formación específica de estudantes no eido audiovisual.

Román Rodríguez destacou a aposta da Xunta por formar profesionais coa máxima cualificación para dar resposta ás necesidades dos sectores produtivos en xeral, facendo fincapé neste caso no audiovisual. “Estamos a falar dun tecido produtivo que atravesa un momento de madurez e esplendor sen precedentes, motivado tanto pola calidade das empresas como polo talento dos seus profesionais”, sinalou.

“Os estudantes que se decantan polo audiovisual como saída profesional escollen unha opción moi positiva, pero é moi importante que o fagan con todas as competencias, habilidades e coñecementos para asegurar tanto a inserción laboral como a calidade e competitividade do sector”, destacou.

A este respecto, o titular do departamento educativo da Xunta quixo felicitar a Netflix, Vaca Films e FAD Juventud pola organización deste programa. Aos alumnos participantes trasladoulles a responsabilidade que teñen “para mellorar unha industria da que estamos orgullosos e que é un referente a nivel estatal”.

O dobre de participantes

Un total de 25 alumnos de ensinanzas artísticas e de FP participaron este ano na segunda edición do programa Formando equipo: traballa no audiovisual, na que recibiron unha formación profesionalizadora de perfil de atrecista enfocada no audiovisual. O obxectivo é dar a coñecer as oportunidades que ofrece o sector en profesións que non están orixinalmente vencelladas a el, ao tempo que se crean sinerxías entre as entidades implicadas e se contribúe á formación de persoal neste ámbito produtivo.

O curso desenvolveuse no Centro Integrado de FP Politécnico de Santiago e participaron nel estudantes dos ciclos de Escultura aplicada ao espectáculo e de Dourado, prateado e policromía das escolas de arte e superiores de deseño Pablo Picasso (A Coruña), Mestre Mateo (Santiago de Compostela), así como alumnado dos ciclos de Deseño e amoblamento dos centros integrados de FP Someso (A Coruña), Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela), Valentín Paz Andrade (Vigo) e A Xunqueira (Pontevedra).

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Distribuir contido

Back to top