Novas Consellería de Educación

A Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Sandiás colaborarán no peche e na ampliación do pavillón polideportivo a carón do colexio

Novas Consellería de Educación - Lun, 22/07/2024 - 16:36

Summary: 

A obra terá un orzamento de case 400.000 €, dos que o Goberno galego achegará 180.000 €

O obxectivo é mellorar os equipamentos públicos no rural, de tal xeito que sexan máis útiles a escolares e veciños

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Sandiás colaborarán no peche e na ampliación do pavillón polideportivo a carón do colexio desta localidade ourensá. A obra terá un orzamento de case 400.000 €, dos que o Goberno galego achegará 180.000 € a través das consellerías de Presidencia, Xustiza e Deportes e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

O Consello da Xunta deu luz verde ao acordo de colaboración entre as devanditas institucións para acometer esta actuación, que ten como obxectivo mellorar os equipamentos públicos deste concello rural, de tal xeito que sexan máis útiles a escolares e veciños.

Na actualidade, a pista polideportiva dispón dunha sinxela cuberta a dúas augas montada sobre unha estrutura de pórticos metálicos. A obra planificada prevé o seu peche perimetral e a súa ampliación pola parte sueste coa finalidade de dotar a instalación de vestiarios, ximnasio e aseos.

A Deputación Provincial de Ourense será a encargada de contratar e executar as obras, para as cales achegará a contía de 110.000 €. Pola súa parte, o Concello de Sandiás, entidade titular do polideportivo, achegará a contía de 109.999,86 €.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Resolución pola que se ditan instrucións dos graos D e E de FP para o curso 24/25

Novas Consellería de Educación - Lun, 22/07/2024 - 13:43
Idioma Gallego

Resolución do 10 de xullo de 2024,  da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións sobre a ordenación e a organización dos graos D e E de formación profesional para o curso 2024/25

Máis información.

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Programación da Formación Profesional

Colectivo: 

Profesorado Centros

Instrución 5/2024 da Secretaría Xeral de Universidades para a recompilación de información dos resultados económicos, científicos técnicos e de comunicación dos centros de investigación das entidades beneficiarias das axudas outorgadas

Novas Consellería de Educación - Lun, 22/07/2024 - 13:12
Idioma Gallego

Instrución 5/2024 da Secretaría Xeral de Universidades para a recompilación de información dos resultados económicos, científicos técnicos e de comunicación dos centros de investigación das entidades beneficiarias das axudas outorgadas ao amparo do establecido na Orde do 24 de outubro de 2023 cofinanciadas no marco do programa Feder Galicia 2021-2027.

 

Anuncio principal: 

Acreditación da excelencia (científica, técnica ou artística) e axudas para a estrutura, a mellora e o apoio aos centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027, 2023

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Universidade

Departamento: 

Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria

Colectivo: 

Alumnado

A Escola de Cantería cede dúas esculturas ao concello de Lalín

Novas Consellería de Educación - Sáb, 20/07/2024 - 14:25
Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e o alcalde de Lalín, José Crespo, visitaron hoxe as dúas pezas de cantería realizadas polos alumnos da Escola de Cantería de Poio e cedidas ao Concello de Lalín.

 

As esculturas son un Santiago Peregrino, colocado nunha zona de paso dun dos Camiños de Santiago que cruza Lalín, concretamente na praza do Camiño de Inverno, e un pequeno porquiño, icona da cultura popular do Deza, situado nas inmediacións da praza de Abastos. Ambas as dúas pezas son mostra do potencial do oficio de cantería en Galicia, un dos máis antigos e representativos, no que é preciso garantir o relevo xeracional.

 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez coñece os proxectos de CETIM aos que a Xunta apoia con máis de 8M€

Novas Consellería de Educación - Ven, 19/07/2024 - 14:47

Summary: 

O conselleiro de Ciencia visita as instalacións deste centro tecnolóxico multisectorial para coñecer as iniciativas nas que traballan

O Goberno galego ven colaborando coas súas iniciativas de investigación e ampliación de capacidades

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitou hoxe o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM) para coñecer as súas instalacións e os numerosos proxectos nos que traballan co obxectivo de crear valor económico e social a través do coñecemento, a ciencia e as tecnoloxías.

 

En concreto, o representante da Xunta de Galicia coñeceu, da man do director xeral de CETIM, Toni Pons, o futuro Centro de Excelencia para a Competitividade en Economía Circular ou o proxecto Circular Excellence CETIM, iniciativa esta última apoiada pola Consellería a través da dotación de equipamento avanzado cun investimento de 1M€.

 

Tamén se presentaron outros proxectos nos que está somerxido CETIM como H2 verde, co que se busca producir e almacenar hidróxeno verde a partir do desenvolvemento de materiais sustentables que melloran os procesos actuais a niveis económico e medioambiental, ou Dickens, que se focaliza na creación de biocompostos a través de fontes naturais como aceites vexetais, a través do que se poden conseguir produtos sostibles para o sector do plástico (fabricación aditiva, pezas compostas) ou para a construción. Púxose en valor tamén o proxecto 0Accidntes, co que se investigan tecnoloxías dixitais para reducir a tasa de accidentes laborais en construción.

 

O titular de Ciencia afirmou que o “traballo que desenvolve este centro tecnolóxico é unha mostra clara do gran crecemento de Galicia no campo da innovación”, comprometido co impulso dos centros tecnolóxicos de Galicia debido a que son “elementos fundamentais para converter a nosa Comunidade nun referente no eido da innovación, sustentabilidade e colaboración público-privada”.

 

Apoio do Goberno galego

A través do apoio económico do Goberno galego, que desde a creación do centro leva investido directamente máis de 8M€, CETIM dispón de varias unidades mixtas de investigación, entre as que destaca o desenvolvemento de Volta. Cun orzamento de máis de 2M€, este proxecto ten por obxectivo obter baterías cunha alta densidade enerxética, sustentables e con longa vida útil baseadas no elemento químico silicio para o seu uso en mobilidade eléctrica. “Este e todos os proxectos das unidades mixtas de investigación facilitan a vida das persoas, e conscientes diso, levamos apoiado desde 2014 un total de 55 unidades coa participación de 39 empresas e 14 centros de coñecemento, o que supuxo a mobilización de 155M€”, remarcou Román Rodríguez.

 

Ademais, a Xunta de Galicia colabora con outros proxectos de CETIM a través da iniciativa Fábrica Intelixente e Sustentable 2024, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, que favorece a innovación galega e a xeración de emprego. Para que esta entidade continúe crecendo e consolidándose como un centro punteiro, o departamento de Ciencia aporta o 50% ao fortalecemento e ampliación das capacidades deste centro, que conta cun orzamento de 888.753 euros ata 2026, cofinanciado pola Unión Europa no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. Así mesmo, tamén se traballa en conxunto para a consolidación e estruturación dos centros tecnolóxicos achegando un financiamento basal.

 

Outros proxectos

Actualmente, CETIM conta con 90 traballadores e ten unha facturación de 6,33M€. Dentro do seu carácter multisectorial e as súas áreas de traballo, nas que se inclúen os novos materiais, as biotecnoloxías ou a industria dixital, o centro tecnolóxico está a desenvolver uns 60 proxectos e conta con 280 clientes.

 

Entre eles, atópase a investigación de nanopartículas de celulosa para crear con elas produtos industriais, a conformación de sistemas intelixentes capaces de xestionar obras ou o traballo centrado na procura de solucións innovadoras para loitar contra a deforestación a través dos fungos e os tecnosolos (chans artificiais).

 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Listaxe definitiva de centros autorizados para a participación no programa CUALE para o curso 2024/2025

Novas Consellería de Educación - Ven, 19/07/2024 - 11:03
Idioma Gallego

Achégase listaxe definitiva de centros autorizados para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2024/2025 segundo a resolución do 10 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.

Anuncio principal: 

Convocatoria para a autorización dos CPIs, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2024/2025

Tema: 

Bilingüismo Programas e plans Cuale

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Centros

Sección: 

Linguas estranxeiras

A Xunta confía en captar novos investimentos europeos para que o CESGA reforce o liderado de Galicia na investigación cuántica

Novas Consellería de Educación - Xov, 18/07/2024 - 17:37

Summary: 

O conselleiro de Ciencia preside o pleno da Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas, que acorda a elaboración dun mapa de capacidades das tecnoloxías cuánticas en Galicia

Idioma Gallego

A Xunta confía en captar novos investimentos europeos para o CESGA e reforzar así o liderado de Galicia na investigación cuántica. Así o expuxo o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, esta mañá durante o pleno da Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas.

 

Román Rodríguez, acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, sinalou que estas tecnoloxías son “unha prioridade para Galicia, dado que a súa aplicación permitirá descubrir novos medicamentos, deseñar novos materiais, optimizar os procesos de produción ou mellorar a eficiencia enerxética, entre outros usos”. O titular de Ciencia convidou a todos os membros da rede a seguir colaborando para aproveitar as grandes capacidades de Galicia neste ámbito e xerar sinerxias.

 

De feito, Galicia é “un territorio pioneiro en materia cuántica” -apuntou Román Rodríguez- que conta con infraestruturas de gran relevancia como o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) ou o Vigo Quantum Communication Center, dependente da Universidade de Vigo, e un tecido empresarial “que entendeu o potencial innovador e transversal desta tecnoloxía para o seu crecemento”.

 

O conselleiro agradeceu o compromiso de todos os membros da rede -universidades, centros tecnolóxicos e de investigación, sector empresarial e Administración- “para avanzar na xeración de oportunidades para a investigación e o traballo en tecnoloxías cuánticas”, que sitúe a Galicia como referente nestas tecnoloxías para atraer talento, investimento e oportunidades para a nosa industria.

 

Novos membros da rede

Na xuntanza desta mañá deuse a benvida a dous novos membros da rede, os centros tecnolóxicos Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), sumando actualmente 15 membros. Asemade, constituíronse dous comités executivos coa misión de acadar obxectivos concretos e desenvolver accións estratéxicas a medio e longo prazo, centrados en hardware e software cuántico (liderado polo centro tecnolóxico Gradiant) e nas aplicacións das tecnoloxías cuánticas (liderado polo hub de innovación dixital DIHGIGAL) e informouse das próximas actuacións. Entre elas, destaca a elaboración dun mapa de capacidades e da cadea de valor das tecnoloxías cuánticas en Galicia.

 

A creación desta rede inscríbese no impulso da nosa Comunidade ás tecnoloxías cuánticas a través do lanzamento do Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia no ano 2022 coa misión de converter a Galicia nun referente europeo destas tecnoloxías no horizonte do ano 2030.

 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inicia os traballos para modificar o Decreto de ensinanzas universitarias co fin de afianzar unha oferta innovadora e adaptada á demanda social

Novas Consellería de Educación - Xov, 18/07/2024 - 14:51

Summary: 

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, reuniuse cos vicerreitores de Titulacións das tres universidades públicas galegas na primeira sesión de traballo ao respecto

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, acompañado polo secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, mantivo hoxe unha reunión cos vicerreitores de Titulacións das tres universidades públicas galegas para iniciar os traballos de modificación do Decreto que regula as ensinanzas universitarias oficiais en Galicia, que data de 2011, co fin de adaptalo ao actual contexto nesta materia.

 

Con esta primeira xuntanza de traballo, o Goberno galego dá cumprimento ao acordo parlamentario onde se instaba á Xunta a revisar o mencionado decreto 222/2011. Así pois, a través deste grupo de traballo entre a Consellería de Educación e as tres universidades públicas galegas vaise implementar a actualización desta normativa co obxectivo de seguir impulsando unha oferta formativa universitaria innovadora, adaptada á demanda social e ao contexto nacional e internacional, así como ao marco xurídico actual.

 

Por parte das universidades participaron na xuntanza os vicerreitores de Titulacións María José López pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), Moisés Canle pola Universidade da Coruña (UDC) e Alfonso Lago pola Universidade de Vigo (UVigo).

 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Admisión FP: Ciclos liberados ou con prazas vacantes. Curso 2024-2025

Novas Consellería de Educación - Xov, 18/07/2024 - 14:44
Idioma Gallego

Publicación de ciclos e cursos de especialización de FP con prazas liberadas:

  • Oferta dual intensiva
  • Oferta ordinaria.
  • Oferta modular.
  • Cursos de especialización

Máis información

Tema: 

Escolarización

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación Profesional

Colectivo: 

Alumnado Centros

A Xunta investirá máis de 400.000€ en obras de mellora en tres centros educativos en Noia durante este verán

Novas Consellería de Educación - Xov, 18/07/2024 - 14:01

Summary: 

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, pecha co alcalde da localidade a planificación dos traballos, a meirande parte dos cales se van a iniciar de inmediato

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, vén de pechar co alcalde de Noia, Santiago Freire, un conxunto de actuacións de mellora en tres centros educativos da localidade, por un importe que superará os 400.000 euros, tal e como abordaron nunha reunión de traballo esta mañá na que tamén participou o secretario xeral técnico da Consellería, Manuel Vila.

 

Segundo a planificación acordada, a meirande parte das obras vanse realizar xa de xeito inmediato e atinxen ao Colexio CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso e aos institutos IES Virxe do Mar e Campo de San Alberto.

 

No caso do Colexio Rodríguez Cadarso, a Xunta vai iniciar en breve a reforma da cuberta do patio de Infantil por un importe de 30.000 euros, a renovación da instalación eléctrica (24.000 euros) e da rede de pluviais (5.000 euros). A maiores, neste centro tamén se planificou a substitución das ventás, unha obra que se levará a cabo máis adiante.

 

No Instituto IES Virxe do Mar este verán vaise proceder ao revestimento da fachada, que absorbe un orzamento de 42.600 euros, e á adecuación de novos espazos aproveitando a casa do conserxe, con 6.000 euros de investimento.

 

Finalmente, no Instituto IES Campo de San Alberto, nestes momentos a Consellería está redactando o proxecto para a renovación da cuberta, cun orzamento estimado de 300.000 euros. A isto súmase a obra recen feita de dotación de sistemas fotovoltaicos por un importe de 25.000 euros.

 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, de puntuacións definitivas e de proposta de adxudicación definitiva correspondente ao concurso específico de méritos de postos de escolarización de alumnado de atención preferente (ED013B)

Novas Consellería de Educación - Xov, 18/07/2024 - 13:55
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 18 de xullo de 2024 pola que se aproban e se fan públicas a relación definitiva de persoas admitidas xunto co baremo, a relación definitiva do persoal excluído e a adxudicación definitiva correspondente ao concurso específico de méritos para a cobertura, en réxime de comisión de servizos, de postos de escolarización de alumnado de atención preferente, convocado pola Orde do 16 de maio de 2024 (DOG núm. 101, do 27 de maio) (código de procedemento ED013B)

As persoas interesadas disporán do prazo dun mes para formular recurso de reposición por medios electrónicos no procedemento normalizado ED013B contra a Orde pola que se resolve a adxudicación definitiva unha vez publicada no DOG.

Anuncio principal: 

Convocado concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente (ED013B)

Tema: 

Comisións de servizo

Ensinanza: 

Educación primaria

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín

Román Rodríguez entrega os diplomas aos participantes dos obradoiros formativos da Orquestra Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Novas Consellería de Educación - Xov, 18/07/2024 - 13:39
Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, entregou os diplomas formativos aos participantes dos obradoiros da Orquestra Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Estes obradoiros, que supoñen a creación da primeira banda entre ambos os países, teñen como obxectivo crear música e fortalecer os lazos entre a cultura galega e a portuguesa, ademais de fomentar a inclusión e a cohesión territorial.

 

A xornada forma parte do IKFEM Festival, que promove a cooperación entre 26 concellos galegos e portugueses, e inclúe na súa programación as actuacións de Salvador Sobral e Marco Mezquida. Durante a visita, o titular de Educación e Ciencia da Xunta destacou a importancia de promover a identidade común dos pobos galego e portugués, nunha perspectiva xeral de integración do mundo lusófono.

 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Orde do 15 de xullo de 2024 pola que se resolve o concurso público de méritos para cubrir postos de persoal asesor na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Novas Consellería de Educación - Xov, 18/07/2024 - 13:31
Idioma Gallego

Con data 18 de xullo de 2024, publícase no portal educativo a resolución do concurso público de méritos para cubrir postos de persoal asesor na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, coa relación final das persoas seleccionadas.

Anuncio principal: 

Convocatoria do concurso público de méritos para cubrir postos de persoal asesor na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Tema: 

Comisións de servizo

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín
Distribuir contido

Back to top