ROSALÍA DE CASTRO
O día 23 de febreiro recordamos a Rosalía na data do seu nacemento. Premede nas imaxes para ver algunhas das diferentes actividades que fixemos para conmemorar esta data. Se clicades neste enlace A GALEGA UNIVERSAL poderedes escoitar un poema, que a escritora Concha Blanco lle adica á autora, interpretado polas nenas e nenos de 3º de Primaria.
PREVENCIÓN DE INUNDACIÓNS
As nenas e os nenos de 3º de Primaria aprenderon que facer para previr inundacións, da man de Augas de Galicia. Botádelle unha ollada ao vídeo premendo na imaxe!
XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA AS FAMILIAS DO NOVO ALUMNADO
As familias do novo alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín para o curso 2024/2025 que naceron no ano 2021 e non coñezan o colexio, poden pasar a visitar o edificio de infantil o próximo martes, día 27 de febreiro de 2024, ás 16:30 h., e recibir información sobre o colexio e a etapa educativa que van comezar.
ENTROIDO PEQUENO
Con este venres damos por rematado o noso entroido no cole. Gozamos da festa, da comida, das manualidades e..., por suposto, das FILLOAS!!
Moitísimas grazas ás mamás Olivia e Natalia que estiveron toda a mañá ensinándonos a facer as filloas.
premede na imaxe!
CAMBIOS NO ENTROIDO
Debido ás inclemencias meteorolóxicas, o desfile do entroido 2024 non pode realizarse no Pasatempo e farase no centro educativo, cada etapa no seu edificio.
INFANTIL
HORA INICIO DESFILE: 11:00 horas
As familias entrarán ao centro pola porta que da acceso ao patio cuberto ás 10:50 horas e se colocarán detrás da cinta delimitada para tal efecto).
ORDE SAÍDA DO DESFILE: 6º/5º/4º de E.Infantil
PRIMARIA
HORA INICIO DESFILE:
GRUPOS A / B / C: 10:00 horas
GRUPOS D / E: 12:30 horas
As familias entrarán ao centro polo portalón pegado á panadaría ás 9:45 h. (A/B/C) e ás 12:15 h. (D/E) pola porta principal do pavillón e accederán ás gradas.
ORDE SAÍDA DO DESFILE: 6º/5º/4º/3º/2º/1º de E. Primaria
Cada grupo desfilará dúas veces: á chegada e á saída.
*O vindeiro VENRES 16 de Febreiro celebrarase o ENTROIDO PEQUENO, onde o alumnado poderá vir disfrazado libremente ao centro sen traer obxectos perigosos ou inadecuados.
*Recordamos que non se pode gravar ou fotografar a menores nin difundir imaxes dos mesmos sen a debida autorización expresa dos seus proxenitores. De facelo a responsabilidade plena e total será única e exclusivamente de quen as faga e difunda sen a preceptiva autorización.
DESFILE DE ENTROIDO
O vindeiro VENRES, 9 DE FEBREIRO, celebraremos o ENTROIDO no parque do Pasatempo. O alumnado sairá do centro a partir das 10:30 h. e o desfile dará comezo ás 11:00 h.
Na entrada ao Pasatempo, o alumnado realizará un pequeno e breve desfile que consistirá en dar unha volta ao patio central do parque e se colocará na súa zona.
A orde de entrada será: 6º / 5º / 4º / 3º / 2º / 1º de Educación Primaria – 6º / 5º / 4º de Educación Infantil.
Ao finalizar, volverán a saír na mesma orde.
As familias que queiran presencialo terán que colocarse nas gradas do parque. Se non é posible por falta de mobilidade poderán situarse detrás das cintas de balizaxe nos laterais do recinto.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »