PERSONAXE MISTERIOSO. MES DE XANEIRO.

Imos cun novo caso de deportista misterioso. Creo que nesta ocasión resultará máis complicado acertar porque é menos coñecido que Rafa Nadal.

                                                

 PISTA 1:  Naceu en Zumárraga (Guipúzcoa) o 15-1-1968.

PISTA 2:  Foi xogador de balonmán do FC Barcelona durante 14 tempadas (de 1986 ata o 2000).

PISTA 3: Xogou 170 partidos coa Selección Española de Balonmán.

PISTA 4: Participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992), de Atlanta (1996) e de Sydney (2000).

PISTA 5: Casou no ano 1997. É máis coñecido pola persoa coa que casou que polos seus éxitos deportivos.

PISTA 6: Gañou moitos títulos co Barcelona: 6 Copas de Europa e 10 Ligas Asobal.

PISTA 7: Ten tratamento de "Excelentísimo Señor".

PISTA 8: As súas iniciais son IU.