I Concurso de fotografía "Betanzos e os seus arredores" para alumnos do centro

Bases do concurso

 

 

 

 

 

 

Concurso aberto a tódolos alumnos do CEIP Francisco Vales Villamarín.

 

A temática deste ano será "Betanzos e os seus arredores".

 

Os participantes poderán presentar as fotografías de Betanzos que desexen sempre que estean feitas por el mesmo.

 

Admitiranse tanto fotografía en color como blanco e negro.

 

Sempre que sexa posible as fotos deben presentarse en arquivo jpg
NON é preciso entregalas en papel.
Podedes consultar coa profesora Mª Xosé se tedes calquera dúbida.

 

As fotografías deberanse enviar por correo electrónico ao e-mail: ceip.vales.villamarin@edu.xunta.es
Tamén se poderán entregar na secretaría do colexio.

 

Recomendamos que a resolución das fotografías sexa de 970 x 200
Aínda que se admitirán fotos noutras resolucións.

 

Valorarase a calidade das fotografías e a súa orixinalidade.

 

Estableceranse dúas categorías segundo a idade dos alumnos:
1ª categoría: nen@s de ata 7 anos
2ª categoría: nen@s de 8 anos en adiante.

 

Prazo de presentación
Ata o 6 de decembro de 2009

 

Entrega de premios
22 de decembro de 2009

 

O centro resérvase o dereito de publicar as fotos na súa páxina web oficial, onde aparecerán na súa cabeceira, cun de pe fotografía que indique a autora ou autor e o curso ao que pertence.

 

Pode descargar o cartel do concurso aquí.

 Para a correcta visualización do documento precisa ter instalado Acrobat Reader, se non o ten pode descargalo de valde aqui (ou no enderezo http://get.adobe.com/es/reader/ )