Xornadas de Atención a Diversidade 2015

XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 2015 Clica unha ou dùas veces  para ver:  
Imaxes do acto
Actuación de Xabier Díaz

    O pasado 29 e 30 de maio tivo lugar a cuarta edición das Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade, cunha afluencia masiva de membros da comunidade educativa: docentes e non docentes. A inauguración correu a cargo da orientadora do C.E.I.P. Francisco Vales Villamarín, Lucía Ruíz Casal que introduce o tema da atención á diversidade a través das competencias clave. Javier M. Valle López acercounos  as tendencias educativas supranacionais . As xornadas desenvolvéronse en torno a coñecementos sobre a atención temperá, metodoloxías innovadoras , proxectos socioeducativos sobre igualdade e coeducación, mediación, convivencia, educación en valores,comunidades de aprendizaxe  e xestión das emocións. Tamén estivo presente a parte lúdica a cargo de Xabier Díaz, músico, compositor e investigador do folclore tradicional galego.

 Un ano máis quedounos a satisfación de difundir dentro da comunidade educativa todo aquelo que axude a sensibilizar e formar para atender á diversidade.