Contacontos Caxo

O contacontos Caxo pasou pola nosa biblioteca. Recibírono os nenos e nenas de tres anos e contoulles unha fermosa historia con moita música.

Tocou co BIRIMBAO "A saia de Carolina" e amosounos instrumentos que non coñeciamos: o WIDO, a TURUTA, o TROMBÓN de varas. Pasámolo moi ben e agardamos que volva pronto.

Ah! Tamén nos trouxo novas da Fada Mariña.

Esta actividade foi patrocinada pola editorial Edebé.

AdxuntoTamaño
P3070016.JPG315.92 KB
P3070017.JPG278.15 KB
P3070022.JPG265.68 KB
P3070023.JPG152.12 KB
P3070026.JPG272.13 KB