Blogues
VIAXANDO POR ESPAÑA
Os nenos e nenas de 4ºC estiveron a investigar sobre as Comunidades Autónomas para preparar unhas vacacións por España. Imos con eles de viaxe?
EDUCACIÓN VIARIA
A rapazada de 2º, 4º e 6º de Primaria asistiu a varias xornadas de Educación Viaria. As sesións foron impartidas pola Policía Local de Betanzos. As primeiras xornadas consistiron en clases "teóricas" e as segundas sesións foron prácticas, onde as nenas e os nenos demostraron todo o que aprenderan. Botádelle unha ollada ao vídeo!
COÑECENDO MÁIS A DON PACO
Dentro da programación das Letras Galegas, os nenos e as nenas de 1º de Primaria asistiron a un contacontos da man de Caxoto, da compañía A Trastenda dos Contos, para coñececer un pouco máis a vida e a obra de Francisco Fernández del Riego.
EXCURSIÓN A CÓRAX
A rapazada de 4º de Primaria visitou as instalacións de Córax, onde aprenderon un montón de cousas sobre os animais.
PREMEDE NA IMAXE
AS XUBIVALES VOLVEN AO COLE
As Xubivales, antigas mestras do cole, volven a Infantil para interpretar unha nova obra de teatro titulada "A cabuxa do cebolar". O espectáculo estivo acompañado por unha intérprete de linguaxe de signos.
Clicade na imaxe para ver un pouquiño do espectáculo!!
UNHA VELLA TIÑA UN CAN
Os nenos e nenas de 6ºB de Infantil estan feitos uns actores e actrices fantásticos!! Representaron a obra de teatro "Unha vella tiña un can" para as súas familias e os seus compis de infantil. Premede na imaxe e veredes!!
LETRAS GALEGAS 2023
Estes días estivemos coñecendo a figura de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas. Fixemos unha chea de actividades, aquí vos deixamos unha pequena mostra...
PREMEDE NA IMAXE
Non deixedes de visitar o blogue de dinamización da lingua para coñecer máis cousas sobre Don Paco!
CIEC
Hai uns días a rapazada de 6º de Primaria visitou a igrexa de Santa María do Azougue, onde prestou moita atención ás explicacións de Julián, ex profesor do IES Francisco Aguiar. A continuación, foron ao CIEC onde intentaron reproducir o visto na igrexa.
PREMEDE NA IMAXE!
HORTO AROMÁTICO
Os nenos e nenas de 6º de Infantil visitaron Primaria para facer un percorrido polo horto aromático da man dos seus responsables, a rapazada de 6ºE.
CLICADE NA IMAXE
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »