blogue depaula

PLENO INFANTIL

Durante estes días, os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria, celebraron o Pleno Infantil. Dado que nesta ocasión non puideron visitar o Concello, a alcaldesa, María Barral, xunto co Concelleiro de Educación, Andrés Hermida, visitaron o colexio para recoller as distintas propostas que o alumnado lles trasladou.

Os nenas e as nenas, como veciños de Betanzos que son, fixéronlle chegar distintas ideas para mellorar o noso Concello e, se é posible, trasladalas ao Pleno "dos maiores". Algunhas destas propostas foron: darlle "cor" ao cole, posto que hai zonas escuras e con manchas, abrir a Ludoteca, poñer colectores á beira dos ríos, pintar murais nas paredes dalgúns edificios,... Tamén quixeron trasladar o seu agradecemento polos xogos pintados no patio, polo rocódromo que instalaron no patio cuberto e outras melloras levadas a cabo na nosa vila...

TEMPO DE NADAL...

Dende o colexio queremos agradecer á familia Encinas-Carella o agasallo que fixeron para adornar o centro neste tempo de Nadal. Esta familia, coa axuda da súa filla Amanda e a súa amiga Marta, fixeron esta bonita árbore. Moitísmas grazas!

POR UN NADAL EN VERDE...

Mero ten un reto para ti... Visita o blog de Voz Natura para saber máis!!

DÍA DA CONSTITUCIÓN

Nenos e nenas de 2º E estiveron a aprender "Que é iso da Constitución?" Botádelle unha ollada aos seus traballos!!

DÍA DA DISCAPACIDADE

Nenos e nenas de Infantil e de 1º Primaria traballaron o Día da Discapacidade baseándose no PDI da bilioteca "A Terra". En infantil traballaron sobre os planetas e en 1º sobre as plantas. Aquí está o resultado...

 

Non deixedes de visitar a BIBLIOFEIRA do 3 de DECEMBRO no blog de Leo e Mariña!!

 

VISITA AO AQUARIUM

A rapazada de 5º de Educación Primaria visitou as instalación do Aquarium da Coruña. Alí aprenderon un montón de curiosidades sobre a vida mariña!!

VISITA AO PLANETARIO

Os nenos e nenas de 6º de Infantil, xunto coas súas mestras, visitaron o Planetario. Alí aprenderon un montón de cousas sobre a lúa, as estrelas, os planetas... Tamén aproveitaron para "xogar" pola Casa das Ciencias. Pasárono en grande!!

VALES EN NEGRO

ROTEIRO DA AUGA

O alumnado de 4º de Educación Primaria anda a traballar os ríos. Da man das súas mestras aprenderon sobre os ríos, sobre algúns oficios tradicionais relacionados coa auga e sobre como cambiou a paisaxe co paso do tempo...

Que mellor maneira de coñecer a nosa contorna que dando un paseo pola nosa vila!!

RAQUEL QUEIZÁS

A contadora de contos, Raquel Queizás, visitou aos nenos e nenas de 6º de Infantil para contarlles a historia de O Xogo de Nano. Pasárono xenial co conto desta divertida ra!!

Distribuir contido