Skip to Content

1º Curso

Xogos matemáticos

Ofrézovos diversas páxinas de xogos educativos matemáticos:

http://www.disfrutalasmatematicas.com/juegos/

Nesta páxina poden elixir no menú da dereita e ademais ten distintos niveis para axustarse máis as súas capacidades.

https://matecitos.com/juegos-1-primaria

Nesta páxina atoparedes xogos de números e operacións.

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/numeros/num-primero

Actividades para estar na casa

Estimadas familias:

Debido ás circunstancias tan especiais nas que nos vemos inmersos, irei colgando ao longo dos días diversos materiais para afianzar e repasar algúns contidos xa dados. Durante estas semanas os consellos básicos son:

Intentar facer unha rutina de traballo, na medida do posible. Ir facendo as fichas que xa vos proporcionei o xoves( lingua, lengua e mate).

Ler un pouquiño todos os días e facerlle preguntas sobre o que van lendo.

Cálculo mental, ir preguntando sumas e restas con números iguais, amigos do 10, do 20, do 30, do 40 e do 50 (eles xa saben posto que o facemos todos os días na clase)

Xogar ao aforcado, tres ou catro en raia, palabras encadenadas...

Moito ánimo!

Lucía

Dia da paz

Hoxe celebramos o día da paz. Este ano contamos cunhas invitadas de honra. Mirade, mirade:

 

Felices festas

Desexámosvos unhas felices festas. Pasádeo moi, moi ben.

 

Actuación na biblio

A nosa primeira actuación en Primaria. Todos estabamos moi nerviosos pero saiunos xenial!!

 

Visita a Bonilla

Xa sabemos como se fan as patacas fritas. Que ricas!

 

Os contos de 1º A

Animación na biblioteca:

 

Visita á casa dos peixes

Hoxe  fomos á casa dos peixes. A pesar do día tan chuvioso que tivemos, pasámolo moi ben.

Samaín e magosto

Que bonitas as cabazas! E que ben sabían as castañas! Canto disfrutaron...

Decoramos a aula

Estes días estivemos a decorar a nosa aula. Os nenos e nenas elexiron as cores e... a pintar. Como vedes con brocha gordo e fina. Todos uns artistas!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut