Skip to Content

1º Curso

App educativa

A editorial Santillana comunicou que durante o tempo que dure esta situación provocada polo coronavirus, pódese descargar gratuitamente a súa aplicación PUPITRE. Non necesita licenza.  Nela atoparedes moitas actividades para as distintas idades. Unha vez descargada (vale para tablet, pc, Android, apple...) tedes que ir a "librería" para seleccionar a idade dos nenos/as. Pode servir para repasar ou ampliar (pero con xeitiño, que tamén hai que deixar un pouco as pantallas).

Apertas e a seguir resistindo!

 

Correo

Bo día familia! Debido a situación na que nos encontramos, Carmen máis eu creamos unha conta de correo en previsión de que as medidas de confinameno continúen máis alá de Semana Santa. Así poderemos manternos en contacto para calquera dúbida que teñades. Xa sabedes que tanto 1ºA como 1ºB xa acabaramos os contidos do 2º trimestre antes do confinamento, así que ese non debe ser motivo de preocupación pola vosa parte.

O correo é: ceipsanxoseobreiro1curso@gmail.com

 

Natu

Seguimos cos animais. Aquí tedes unhas fichiñas de repaso. Se non tedes impresora as podedes facer oralmente.

 

Actividades de mate e lengua

Estas son algunhas actividades que podedes ir facendo.

Contos en liña

A televisión convértese en aula virtual

A televisión convértese en aula virtual

TVE estreou este luns unha plataforma de aprendizaxe na casa para estudantes de 6 a 16 anos e un programa de exercicio físico co profesor de «OT».
 
As emisións de Clan estarán reservadas para o grupo de 6 a 8 anos de 9.00 a 10.00 horas.
Na 2 o espazo Muévete en casa, que estará conducido polo profesor de fitness de Operación triunfo Cesc Escolà, que axudará a todos os cidadáns a coidar a súa forma física desde o fogar.
 
Boing,a canle infantil de Mediaset, tamén lanzará o luns unha proposta educativa centrada na aprendizaxe do inglés.
 
Tamén a segunda canle da TVG emitirá contidos educativos de luns a venres.
 
 

Plástica

Un vez máis colgo unha idea para facer plástica na casa. Cada familia ten as súas características e é importante saber que estas actividades que imos colgando non son para facer nunha mañá. Cada un que se adapte ao seu ritmo e que as faga cando poida. Non vos preocupedes :) Mirade que bonito queda!

Animais vertebrados ou invertebrados

Seguimos con animais. Como xa vistes no video. Os animais vertebrados son os que teñen esqueleto interno(ósos) e os que non o teñen chámanse invertebrados. Deixovos unhas fichas moi sinxelas para que os clasifiquedes. Se non tedes impresora, podedes coller un folio e nunha cara poñer os animais vertebrados e noutra os animais invertebrados. Ides mirando no ordenador os debuxos e os clasificades no folio.

Contos

Ola de novo! A actividade que propoño para todos estes días é facer como nesta ficha. Colledes un folio e ben vós, ben os vosos pais,intentades copiar este cadro. Así como estades a ler moito, ides a intentar encher a ficha cos libros que leades.

A ficha que está adxunta é un exemplo de como podedes facer. Como a letra que tedes non é tan pequena coma a do cadro, podedes poñer nunha cara do folio título, personaxe principal, descrición física e descrición psicolóxica e na outra cara do folio os outros apartados.  Veredes que divertido! Cando poidamos ir á escola, faremos moitas actividades divertidas con todo isto. Moito ánimo!!

 Tamén vos deixo noutra ficha exemplos de adxectivos, algúns son un pouco dificiles, pero tedes que centrarvos nos que xa coñecedes.

 Evidentemente, se o libro que ledes é en lingua castelá o faredes nesa lingua e se é en galego pois o enchedes en galego.

Ollo! para ver as fichas debedes premer en arquivos adxuntos, abaixo a esquerda.

TAREFAS INGLÉS

As actividades de inglés estarán colgadas no apartado de inglés.

Distribuir contido


by Dr. Radut