Skip to Content

1º Curso

Os animais

Comezamos co tema dos animais. Este é un tema moi interesante. Aquí hai uns videos que o explican moi ben.

https://www.abc.com.py/resizer/BlOtM3wF8pqVPSHnnySWbV9dsWM=/fit-in/770x495/smart/arc-anglerfish-arc2-prod-abccolor.s3.amazonaws.com/public/PQUTLL6ILFECRPQCKALAZSMNJE.jpg

Vídeo: Animais vertebrados

Vídeo: Mamíferos

Vídeo: Aves

Vídeo: Peixes

Vídeo: Anfibios

Vídeo: Réptiles

Plástica

Sodes uns artistas! Así que toca demostralo. Intentaredes facer un debuxo parecido a este e utilizaredes todos os materiais que teñades por casa. Podedes usar acuarelas para o fondo, palillos pintados para poñerlle un marco, ceras manley, algodón... Logo cando volvamos á escola faremos un gran mural e xa será todo un recordo dos días vividos na casa.

Resultado de imagen de todo vai sair ben

Poesía

O día 21 conmemorouse o día da poesía e a nós gústannos moitísimo, a que si? Aproveito para recordarvos que nas ficas levastes as poesías que imos recitar na actuación da biblioteca, así que repasádeas todos os días un pouquiño para aprendelas.

Aquí tedes uns enlaces que tamén teñen moitas poesías bonitas para practicar a lectura con boa entoación.

Animádevos!!

POEMITAS - Portal de literatura infantil de Carmen Gil

POESÍA INFANTIL

Atención á diversidade

´As mestras de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe crearon un blogue para colgar actividades e enlaces web interesantes para os vosos fillos. O enlace está tamén no apartado de Atención á Diversidade.

Reto

Aínda que esteamos na casa, podemos e debemos manternos activos! E por iso, presentámosche un “break – out” que ten un obxectivo moi clariño: MOVERSE!!

Terás que ir superando moitos retos bailando, facendo mindfulness ou movéndote escoitando contos para abrir o cadeado final!

ATRÉVESTE? Pica no link e a polo reto!

Actividades de relixión

A mestra de relixión propón unha serie de actividades e xogos.

Bailamos muiñeira

Como estades? Seguro que facedes algo de exercicio todos os días, sei que algúns de vós estades a bailar zumba pero e por que non muiñeira? Aquí vos deixo un enlace, animádevos e cando volvamos á clase seguro que veremos que bos bailaríns sodes.

http://aulasgalegas.org/bailemos-unha-muineira-con-luis-prego/

 

Conto coronavirus

Deixamos aquí este conto de María Coco Hernando, que publicou en aberto, compartindo o vivido na súa familia cos seus fillos para axudarlles a entender todo o que estamos a vivir.

Desde aquí agradecemos a súa xenerosidade e dámoslle as grazas polo seu traballo e a súa humanidade.

Repasamos as letras

Esta é unha páxina para repasar as diferentes letras. Tamén ten lecturas.

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/JClic/aniclic/index.html

Comprensión lectora

Nesta páxina despois de ler a lectura darémoslle a xogar e aparecen preguntas sobre a lectura

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/lecturas-cortas-y-rapidas

 

Distribuir contido


by Dr. Radut