Skip to Content

RESERVA DE PRAZA NO IES PASTORIZA

Ata o 6 de febreiro estará aberto o prazo para o alumnado de 6º de EP que queira continuar estudos de ESO no IES PASTORIZA.

O procedemento pódese facer online na web da Consellería mediante esta ligazón, ou cubrir o impreso de RESERVA DE PRAZA  e entregalo na Secretaría deste colexio.

Tamén se pode facer directamente, cubrindo a documentación que se vos enviará nos vindeiros días.  

No caso de elixires outro centro, tedes de prazo ata o fin do mes de febreiro para comunicar por escrito a renuncia.

O resto do alumnado de infantil e primaria non necesita facer ningún trámite, dado que xa ten reservada a praza neste centro polo dereito de Permanencia.

Aquí tedes máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867

 

Postais Nadal

Estimadas familias:

Como cada ano felicitámosvos as festas coas postais gañadoras. Feliz 2023!!

 

VOTACIÓNS CONSELLOS ESCOLARES

Finalizado o prazo de presentación, presentáronse unha única candidatura para optar á renovación das catro vacantes producidas. Podedes ver o documento aquí.

O luns, día 28 de novembro, de 16:15 a 19:15 da tarde, terán lugar as eleccións, nas que como sabedes pode votar o pai ou a nai (ou titor/a legal) indistintamente, previa presentación do DNI ou similar.

Adxúntase circular informativa.

ELECCIÓNS A CONSELLOS ESCOLARES

Por acordo da Xunta Electoral, publícase a continuación a convocatoria para poder participar no proceso de renovación de Consellos Escolares.

Como seguramente sabedes, o Consello Escolar é un dos órganos de goberno do centro, con funcións que inclúen, entre outras: participar na elección do director ou directora, avaliar as Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro e da Programación Xeral Anual, realizar a análise e valoración do funcionamento xeral do centro, etc.

Para poder ser elixido/a teredes que presentar perante a xunta electoral (na secretaría do centro) a candidutara mediante esta papeleta oficial, debidamente cuberta, antes do 11 de novembro.

Animámosvos a participar neste proceso tan importante para o bo funcionamento do colexio. 

 

VALE COMPLEMENTARIO DE MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

A Consellería acaba de publicar a concesión dos vales de material escolar complementarios, por valor de 25 euros, baixo as seguintes condicións:

- O vale é unicamente para aquelas solicitudes que xa foron beneficiarias da axuda anterior de 50 euros (non se admiten novas solicitudes).

- O prazo para a entrega nas librerías (para a realización de compra de material escolar) remata o 1 de decembro.

Podedes pasar retirar o vale, nas mesmas condicións que o anterior (persoalmente ou con autorización asinada e fotocopia DNI dun adulto), en horario de Secretaría do centro (de 9,30 a 10,30 e de 12,30 a 14,00 horas).

Recibide un cordial saúdo.

Plan Recupera: Programa PROA + 2022-23

 

No marco do Plan Recupera da Consellería, financiado pola Unión Europea, e coa finalidade de axudar a mellorar os resultados educativos do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, o noso centro continúa a participar neste curso 2022/23 no Programa PROA +.

Grazas a este programa, unha mestra reforzará o alumnado beneficiario, en horario lectivo na aula ordinaria, ofrecéndolle unha atención persoal e individualizada que lle axudará a mellorar o seu rendemento escolar e acadar unha motivación positiva de cara ás súas aprendizaxes.

PLAN DIXITAL DO CENTRO

Comunicamos que o centro, seguindo instrucións da Consellería, comezou a deseñar o seu Plan Dixital. Aquí podemos ver a súa primeira versión, que se irá adaptando ao longo dos cursos:

Plan Dixital do CEIP San Xosé Obreiro.

 

INFORMACIÓN DE INICIO DO CURSO 2022-23

Estimadas familias:

Estamos organizando con moitas ganas e ilusión este inicio de curso, no que xa non vai haber restricións por culpa da pandemia, e que dará comenzo o día 8 de setembro. 

Adxuntamos a circular de inicio de curso, con información importante que vos pregamos teñades moi en conta.

Vémonos o xoves!

 

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS (CORRIXIDA)

Estimadas familias:

Como se comunicou previamente por Abalarmobil, xa está disponible para a súa consulta no taboleiro de anuncios interior do centro a nova listaxe de admitidos.

REUNIÓN INFORMATIVA ALUMNADO DE 3 ANOS

O martes, día 6 de setembro, ás doce da mañá, terá lugar unha reunión informativa para as familias do alumnado de 4º de E.I. (3 anos).

Nesta reunión a titora explicará o funcionamento do colexio e a aula nesta etapa educativa, e tratará de resolver e dar resposta as dúbidas e preguntas que se poidan plantexar.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut