Skip to Content

REUNIÓNS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias,

Comunicamos o calendario de reunións iniciais para Educación Infantil:

- 5º e 6º de EI (4 e 5 anos): mércores, 6 de setembro, ás 12,00 horas.

- 4º de EI (3 anos): xoves, 7 de setembro ás 12,00 horas.

Recibide un cordial saúdo das titoras.

AVISO TRÁMITES ADMINISTRATIVOS

Durante o periodo vacacional o centro permanecerá pechado por obras de mantemento e conservación.

As solicitudes de información ou calquera outro trámite administrativo serán antendidas no noso correo electrónico: ceip.sanxose.obreiro@edu.xunta.gal

Tamén poden dirixirse directamente á Inspección Educativa, no edificio administrativo Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 1º,  A Coruña (tfn. 981 184 731).

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E VALES: LISTAXE DEFINITIVA

Tal e como se comunicou por abalarmobil, xa está dispoñible a listaxe definitiva das axudas para adquisición de libros e material escolar. A entrega dos vales realizarase os días 3 e 4 de xullo, en horario de 10 a 13 horas. Os non recollidos entregaranse en setembro.

Os libros do fondo solidario (en 3º e 4º de EP) serán repartidos directamente tamén en setembro nas titorías correspondentes. 

 

 

AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO, VALES E FONDOLIBROS. LISTAXE PROVISIONAL

Estimadas familias:

Xa están dispoñibles as listaxes provisionais de beneficiarios de axudas de vales e fondolibros para o vindeiro curso. Pódese ver no taboleiro interior do centro educativo. Comunicamos que hai dous días de prazo para posibles reclamacións.

Nesta lista non figuran as materias adxudicadas. O venres publicarase a listaxe definitiva, coa relación exacta de libros e materias que corresponderán a cada alumno.

 

FIN DE CURSO 2022-23: CIRCULAR INFORMATIVA E LIBROS DE TEXTO

Estimadas familias:

Finalizado este curso, pregamos que teñades en conta a seguinte información importante:

CIRCULAR DE FIN DE CURSO

LIBROS DE TEXTO 2023-24

Que pasedes un feliz verán!

 

 

REUNIÓN INFORMATIVA ALUMNADO DE NOVO INGRESO (4º ED. INFANTIL)

O día 29 de xuño, ás 12,00 da mañá, terá lugar unha reunión informativa na Biblioteca do colexio para as familias do alumnado de 4º de educación infantil que rematan de formalizar a matrícula por primeira vez.

Nesa reunión explicaremos as normas de funcionamento e convivencia nesta etapa e trataremos de resolver e dar resposta ás dúbidas e preguntas que se poidan plantexar, como preparación para o vindeiro curso 2023-24.

Agardámosvos!

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023-24

Estimadas familias:

A Consellería acaba de anunciar a convocatoria de fondo solidario de libros de texto e de axudas para adquirir material escolar para o vindeiro curso.

A información resumida está contida nesta Circular informativa.

As solicitudes presentaranse preferentemente de xeito telemático nos seguintes espacios web antes do 21 de xuño, día no que remata o prazo:

Fondolibros (Para cubrir a solicitude)

Chave365  (Para entregala, xunto ca documentación aportada)

Tamén se pode presentar a solicitude na secretaría do centro, debidamente cuberta e acompañada da copia do libro de familia e resto de documentación, no horario de atención ao público.

Solicitude (anexos I e II)

 

NOTA: O alumnado de 6º de Primaria que pase de curso deberá facer a solicitude no IES PASTORIZA ou naquel instituto no que fose admitido. De darse o caso de estar pendente de admisión, poderá facelo neste centro.

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2023-24: LISTAXE DEFINITIVA.

Rematado o prazo de alegacións á listaxe provisional, comunícase que xa está dispoñible no taboleiro principal, dentro do recinto escolar, a relación definitiva de alumnado admitido e non admitido que fixo a solicitude dentro do prazo establecido. 

PROCEDEMENTO A SEGUIR:

Deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño, aportar a documentación seguinte:.

- Tarxeta sanitaria.

- Libro de vacinas (cartilla saúde).

- 2 fotos tamaño carné.

Impreso (cuberto) de formalización de matrícula.

As solicitudes non admitidas e as presentadas fóra de prazo deberán agardar á resolución da Comisión de Escolarización, que decidirá o que proceda e contactará cas familias afectadas.

IMPORTANTE: DE NON FACER EFECTIVA A MATRÍCULA DENTRO DO PRAZO ANTES INDICADO PERDERÁN O DEREITO Á PRAZA OBTIDA.

 

Día das Letras Galegas 2023

Este ano a Real Academia Galega dedícalle a Francisco Fernández del Riego o Día das Letras Galegas.

Aquí tedes diferentes recursos educativos para coñecer mellor a súa vida e obra. Recomendarvos:

  • A páxina do Seminario Galán, con gran variedade de xogos interactivos, actividades en papel, escolma de textos...

Sin-t-tulo-2

  • A páxina “Primavera das Letras”:

Sin-t-tulo-2

Destacar este fermoso filme “A orixe da nosa lingua guapa” producido pola Real Academia Galega a partir dunha idea de Fina Casalderrey.

E a canción do libro-disco LINGUA GUAPA, Cantos que Contan, de Fina Casalderrey e Néstor Blanco, publicado pola Editorial Galaxia.


  • O Portal da Lingua Galega:

Sin-t-tulo-3

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2023-24: LISTAXE PROVISIONAL

Xa está publicada a relación provisional de alumnado admitido e non admitido neste centro para o vindeiro curso. 

As listaxes pódense revisar presencialmente no taboleiro principal de anuncios, no interior do recinto escolar, e na  aplicación admisionalumnado, mediante certificado dixital ou chave365. Contra esta relación ábrese un prazo para posibles reclamacións de cinco días hábiles, a presentar na secretaría deste centro no horario habitual. 

A listaxe definitiva publicarase o 16 de maio.

A formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Distribuir contido


by Dr. Radut