ADMISIÓN DE ALUMNADO 2023-24: LISTAXE PROVISIONAL
Xa está publicada a relación provisional de alumnado admitido e non admitido neste centro para o vindeiro curso.
As listaxes pódense revisar presencialmente no taboleiro principal de anuncios, no interior do recinto escolar, e na aplicación admisionalumnado, mediante certificado dixital ou chave365. Contra esta relación ábrese un prazo para posibles reclamacións de cinco días hábiles, a presentar na secretaría deste centro no horario habitual.
A listaxe definitiva publicarase o 16 de maio.
A formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.