Skip to Content

Blogues

UN DÍA DE VELA

Nun curso atípico rematamos cunha actividade entrañable, o profe Carlos convidounos a pasear pola ría e coñecer o deporte de vela.

Desfrutamos como nunca e aprendemos a manexar un veleiro.

Grazas profe Carlos por agasallarnos con este fin de curso tan especial!!!

Recordos dun curso tan diferentes

Ola familias, esperamos que pasades unhas felices vacións de verçan. Ecoma despedida dende infantil preparamos este video que esperamos vos guste.

Un bico moi forte

Despedida 6º E.P.

Hoxe, se todo fora normal, despediríamos a@s nos@s alumn@s máis veteranos. 

Remata para vós unha etapa e debedes abrir outra nova.

Tende por seguro que este sempre será o voso colexio.

Grazas por todo.

 

DESPEDIDA 6º EI

Un ciclo escolar que remata, un peldaño mais que subir e outra porta que se abre.

Tres anos cheos de historias. Non deixedes de voar!!!

 

MEMORIA GRÁFICA ALIMÉNTATE BEN

Un ano máis estivemos inmersos no proxecto alimentate ben todas as activadades realizadas atópanse no documento adxunto.

Infantil cos animais

Comezamos a primaveira falando dos insectos, logo con Carvalho Calero fixemos galiñas, e para rematar entran o resto dos animais. E aquí está parte do noso traballo. Esperamos que vos guste!!

MEMORIA GRÁFICA PDC (centros activos e saudables)

Un ano máis o PDC levouse a cabo coa actividade central a Milla Natureza percorrendo os diferentes parques naturais galegos e algún británico.

MEMORIA GRÁFICA RECICLA CON SOGAMA

Como todos sabedes estivemos inmersos no proxecto "Recicla con Sogama" aquí vos deixamos a memoria gráfica para que vexades o montón de actividades que se levaron a cabo.

CARVALHO CALERO

Os alumnos e alumnas de 4º de educación primaria tras coñecer e traballar a figura de Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado polo Día das Letras Galegas deste ano, recitan con moito cariño o poema "Ferrol 1916".

 

Distribuir contido


by Dr. Radut