Skip to Content

Blogues

Iniciación á escalada.

Hoxe o alumnado de 3º de Educación Primaria achegouse ao pavillón da Xunqueira para participar nunha actividade de iniciación á escalada en rocódromo.

A actividade foi promovida pola Concellería de Educación do Concello de Pontevedra, e impartida por monitores da empresa Marexada.
Todos os menos e nenas participaron e recibiron como agasallo unha bolsa, unha gorra e uns lapis de cores.

Gustoulles moito!

 

 

O Ganapán: Saída ao Mercado Municipal de Pontevedra

O pasado mércores 27 de outubro o alumnado de 5º de Infantil e 1º e 2º de E. Primaria fomos participar na actividade de O Ganapán no Mercado Municipal de Pontevedra. 

Aprendemos moitas cousas sobre o mercado, o producto local e artes de pesca. E sobre todo, pasámolo xenial!!

Aquí podedes ver unha pequena mostra da experiencia: 

 

Plan de continxencia

Aquí podedes consultar o Plan de continxencia COVID para o curso 2021 - 2022 onde se publican os horarios espello en caso de ensinanza non presencial. Fai click na imaxen.  

INFORMACIÓN COVID-19

Neste apartado centralizaremos toda a información sobre a implicación da COVID-19 no funcionamento do centro. Nos adxuntos podereremos atopar:

Estes documentos iranse modificando segundo as normativas vixentes en cada momento e a eficacia deles na súa posta en práctica.

BOLSAS FANPA COMEDOR

Aquí podedes consultar toda a  información sobre as bolsas de comedor da FANPA para o curso 2021/22

CALENDARIO MERENDAS SAUDABLES

Para potenciar o consumo de productos alimenticios sans e fomentar entre os nenos e nenas uns hábitos alimenticois axeitados desde o CEIP Santo André de Xeve propomos o seguinte calendario de merendas.

PROXECTO DE DINAMIZACIÓN LINGUÍSTICA 20/21

A continuación amosamos un resumo fotográfico con algunhas das actividades levadas a cabo durante o curso 20/21 relacionadas co proxecto de dinamización lingüística.

https://ugc.kizoa.app/klon1/o367708509_9921519.mp4

INFANTIL REMATA O CURSO 2020/21

Os nenos/as de infantil do cole de Xeve despiden este curso 20/21 con algunhas interpretacións variadas desexándovos a todos/as bo verán.

https://ugc.kizoa.app/klon1/o364500667_9902790.mp4

 

2º TRIMESTRE 3 ANOS

Os nen@s de 3 anos amósannos algunhas das actividades e vivencias realizadas ao longo deste segundo trimestre.

https://ugc.kizoa.app/klon1/o356370775_9984234.mp4

Entrevista a Eloy Moreno

O pasado día 15 de xaneiro, os alumn@s de 6º, puidemos falar e entrevistar ao autor do libro que leimos no primeiro trimestre, Eloy Moreno; autor de éxitos como "Invisible" ou "Tierra".

Aquí vos deixamos a entrevista que lle fixemos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut