"I eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas..." Rosalía de Castro
DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE E DA AUGA
Enviado por Anónimo o Xov, 28/03/2013 - 21:43O 22 de marzo, conmemórase o :
DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE E DA AUGA
Despois de traballar uns libriños nas aulas, por xentileza da Deputación de Lugo, os alumn@s e profes reuníronse ás 12 h deste día para plantar unha árbore no patio do colexio.
Elexido a sorteo, o nome da nosa árbore é : MANOLO.
Para ver as fotos desta actividade, picade aquí.
SAÍDA DO SEGUNDO TRIMESTRE
Enviado por Anónimo o Xov, 28/03/2013 - 21:11O pasado venres, 15 de marzo, todos os alumn@s do colexio acompañados por varios profes, realizaron a saída do segundo trimestre á localidade de Monforte de Lemos.
Primeiro , unha divertida película de debuxos animados en Multicines Hollywood e de seguido, unha visita á Área Monumental de S.Vicente do Pino, onde todos visitaron a torre da homenaxe e os alumnos de 5º tamén o claustro do Parador .
Para ver as fotos da visita ó cine, picade aquí.
Para ver as fotos da visita á Área Monumental, picade aquí.
08 DE MARZO. DÍA DA MULLER.
Enviado por Anónimo o Xov, 28/03/2013 - 18:49O pasado 08 de marzo, todos os nenos e nenas do colexio asistiron á proxección dun vídeo na Casa da Cultura de Bóveda, titulado :
Profesións sen xénero
Un moi interesante traballo a cargo de Miriam Palmón, gravado en Monforte de Lemos, que rematou cun pequeno coloquio acerca da igualdade para exercitar calquer traballo.
Para ver as fotos, picade aquí.
MENÚ MARZO
Enviado por Anónimo o Xov, 28/02/2013 - 17:06Para ver o menú do mes de marzo, picade aquí.
ENTROIDO 2013
Enviado por Anónimo o Xov, 14/02/2013 - 16:36O pasado venres día 08 de febreiro, celebramos a festa do ENTROIDO no colexio.
Este ano adicámolo a un tema común : A Feira Tradicional Outrora.
Labregos, zoqueiros, ferreiros,cociñeiras ... cun montón de oficios tradicionais nos sorprenderon todos os nen@s do cole ¡
Tamén houbo algún familiar que se animou a vir á festa disfrazado, e xa para rematar , a queima dos compadres e as comadres e un chocolate quentiño con larpeira para marchar cun bo sabor de boca.
Se queredes ver as fotos da festa, picade aquí.
30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Enviado por Anónimo o Mar, 05/02/2013 - 16:26Coma todos os anos, os alumnos e profesores do colexio, celebramos o pasado día 30 de xaneiro o
DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Diversas manualidades para adornar as aulas e dependencias do centro, dende pombas ata bandeiras de distintos países ; colgantes e pegatinas da paz,poemas,declaracións de boas intencións e tamén para rematar un baile entre todos,foron as diversas actividades que formaron parte do acto que se realizou pola tarde.
Para ver as fotos dos adornos, picade aquí.
Para ver as fotos do acto conxunto da tarde, picade aquí.
MENÚ FEBREIRO
Enviado por Anónimo o Mar, 29/01/2013 - 16:10Para ver o menú do mes de febreiro, picade aquí.
NADAL 2012
Enviado por Anónimo o Lun, 14/01/2013 - 13:56O pasado día 21 de decembro, levouse a cabo no Centro Multiusos do Concello o
FESTIVAL DE NADAL
Tras uns días de duro traballo nos que tamén adornamos o cole ( para ver as fotos dos adornos ,
picade aquí )
chegou o tan ansiado día das actuacións.
Todos os nenos e nenas participaron con gran ilusión nas variadas actividades das que se puido desfrutar ó longo da mañá :belén vivinte, ofrendas ó Neno,títeres,representacións teatrais,panxoliñas en inglés e en galego...e para rematar, tamén a visita de Papá Noel, que fixo as delicias de todos os presentes.
Numerosos familiares e amigos aplaudiron o esforzo e o traballo dos nen@s e tamén dos seus profes.
Para ver as fotos do festival, picade aquí.
CHEGOU O NADAL
Enviado por Anónimo o Ven, 21/12/2012 - 15:49
FELICES FESTAS NAVIDEÑAS ¡¡¡
Vémonos o vindeiro 08 de xaneiro.
MENÚ DECEMBRO
Enviado por Anónimo o Mar, 04/12/2012 - 17:08Para ver o menú do mes de decembro, picade aquí.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- seguinte ›
- última »
![CEIP Rosalía de Castro-Bóveda RSS Distribuir contido](/centros/ceiprosaliaboveda/misc/feed.png)