MENÚ FEBREIRO

Para ver o menú do mes de febreiro, picade aquí.    

NADAL 2012

O pasado día 21 de decembro, levouse a cabo no Centro Multiusos do Concello o


                                                       FESTIVAL DE NADAL


Tras uns días de duro traballo nos que tamén adornamos o cole ( para ver as fotos dos adornos ,


picade aquí )                    


 


chegou o tan ansiado día das actuacións.


                                              


Todos os nenos e nenas participaron con gran ilusión nas variadas actividades das que se puido desfrutar ó longo da mañá :belén vivinte, ofrendas ó Neno,títeres,representacións teatrais,panxoliñas en inglés e en galego...e para rematar, tamén a visita de Papá Noel, que fixo as delicias de todos os presentes.


                                              


Numerosos familiares e amigos aplaudiron o esforzo e o traballo dos nen@s e tamén dos seus profes.


Para ver as fotos do festival, picade aquí.

CHEGOU O NADAL

 


                              FELICES FESTAS NAVIDEÑAS ¡¡¡


 



 


Vémonos o vindeiro 08 de xaneiro.

MENÚ DECEMBRO

Para ver o menú do mes de decembro, picade aquí.          

TRABALLOS DE 5º DE E.PRIMARIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para ver os traballos que realizaron os alumn@s de 5º de Primaria para conmemorar o DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, picade aquí.

26-11-12 . DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ofertada polo Concello de Bóveda a través da Área de Cultura e Servizos Sociais, o pasado día 26 de novembro, todos os nenos e nenas de E.Primaria do colexio puideron disfrutar dun OBRADOIRO DE ARTES PLÁSTICAS  para conmemorar o :


                 DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO              


Dúas sesións nas que os alumn@s ademais de visualizar un conto ,puideron logo traballar nun divertido obradoiro . Ó remate, agasallos para tod@s.


                             


Para ver as fotos desta actividade, picade aquí.

CONSERVACIÓN DOS RÍOS

O pasado día 16 de novembro, pola tarde, todo o alumnado de E.Primaria do colexio, asistiu na sala de informática a unha charla ofertada pola Consellería de Educación,Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.


O tema principal foi :  a Conservación dos Ríos, e máis concretamente a do río Cabe e os seus afluentes.



Sesión moi amena e participativa na que todos e todas puidemos aprender  un pouco máis acerca da flora e fauna do nosos ríos e a súa conservación. Para rematar... agasallos para tod@s.                      


Para ver as fotos desta sesión, picade aquí.  

MAGOSTO 2012

O pasado venres día 09 de novembro, fixemos no colexio a festa do MAGOSTO.


Ós nenos e nenas de 5º, tocoulles preparar o lume para asar as castañas e logo todos puideron disfrutar dos xogos que preparou a profe Verónica.


Pasamos unha tarde estupenda , e ademais tivemos que non sorte, que non choveu...       


 


 


        


Para ver as fotos do MAGOSTO, picade aquí.

EXPOSICIÓN DE COGOMELOS NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE BÓVEDA

O pasado luns día 05 de novembro todos os nen@s de E.Primaria do cole, visitaron unha EXPOSICIÓN DE COGOMELOS no Centro Sociocultural de Bóveda, invitados pola Asosiación Horticelos, que foi a organizadora do evento.


O noso agradecemento para Carlos e  Ángeles, membros desta asociación polo seu interese e as súas explicacións.


                                  


Para ver as fotos, picade aquí.    

SAMAÍN 2012

Este ano, para celebrar o SAMAÍN no colexio,ademais do concurso de cabazas que xa vén sendo habitual por estas datas, todos os nenos e nenas do cole participaron o pasado mércores día 31 de outubro,nunha actividade na Biblioteca do centro. Dende os máis cativos ata os maiores todos aportaron os seus Contos de Medo.


Tarde terrorífica no Rosalía de Castro.                         


                              


Para ver as fotos, picade aquí.


No recibidor do centro temos unha exposición artesanal feita polos alumnos do 2º e 3º ciclo e coordinada pola mestra de E.Plástica Nati a base de froitos do outono.


                   Uns verdadeiros artistas ¡¡¡               


Para ver estas fotos, picade aquí.

Distribuir contido