CELEBREMOS O MAIO

Dende fai moitos os anos, xs galegxs celebran a chegada da primavera e o final do frío inverno cunha festividade coñecida como "Os Maios". Construen figuras con elementos naturais, tales como: musgo, fiúncho, xestas... para á obteción de boas colleitas.

 

 

Ao redor desas construcións cántase con acompañamento de percusión, normalmente con paus, coplas ou cancións irónicas e críticas sobre feitos ou personaxes de actualidade.

As construcións máis típicas son as de forma cónica ou piramidal, realizadas con armazóns de canas e recubertas con plantas, pero tamén existen figuras máis artísticas que representan monumentos ou actividades da vida cotiá.

  

 

Pois nós, non queriamos quedar sen celebrar esta festividade folclórica da nosa tradición e, por dito motivo, dende o Departamento de Dinamización da Lingua Galega planificouse dita actividade.

Comezamos ideando o diseño do noso Maio e preparando todo o material necesario para realizar unha estrutura firme e consistente.

Nas aulas traballamos esta tradición e practicamos a seguinte canción para cantar e bailar arredor do noso Maio, titulada Maio, Maíño do disco de 13 Lúas. 

Recuperada de: https://www.youtube.com/watch?v=8-lbk258ENk

 

Pouco a pouco fomos colocando todas as plantas que trouxemos ao cole. Había tantas que non nos fixo falta saír a buscar máis! Primerio fomos poñendo as xestas e fentos e, por último, colocamos as flores.

Quedou moi bonito!!!

Cando xa o rematamos, bailamos e cantamos arredor del para celebrar a chegada da primavera.

 

Queremos darvos as gracias a todas as familias que colaborastedes coa recollida de plantas e tamén, ao Obradoiro do Concello que nos trouxo moitas xestas para facer posible a construción.