VISITA: O RINCÓN DE LEONARDO

O pasado día 12 de abril, viñeron a visitarnos Javier, mestre de tecnoloxía do Colexio Escolapios de Monforte acompañado de catro alumnas: Sofía, Natalia, Julia e Xandra. Ademais, tamén estivo con eles Camilo, mestre en prácticas e veciño do noso Concello.

  

 

Acudiron a noso cole para darnos a coñecer o fascinante proxecto que están levando a cabo dende hai uns cursos denominado "El Rincón de Leonardo" clicando aquí, poderedes acceder a súa web para informarvos un pouquiño máis sobre esta interesante iniciativa.

 

 

"Un proxecto que busca potencias os valores humanos a través da creatividade e a reflexión, co obxectivo de que todxs nos sintamos mellor construíndo unha alternativa a mundo tóxico que moitas veces rodea aos adolescentes. Traballando a súa saúde emocional".

 

A esta actividade acudiron os alumnos de 6º curso de primaria e Javier e as súas alumnas faláronlle de moitos dos problemas que xurden a diario nas aulas de secundaria. Transmitíronlle a idea de que somos seres únicos e especiais e que ninguén debe dicirnos como debemos ser. Para elas, "El Rincón de Leonardo" é un lugar onde se sinten seguras e felices.

Esta iniciativa, xurdiu dende o Departamento de Convivencia do centro co fin de dinamizar as relacións positivas entre iguais e, vivenciar dalgún xeito o seu futuro inmediato no instituto.

 

 

Pasamos un ratiño moi divertido! Gustounos moito ensinarvos o noso cole e escoitar a emoción que sentides ao formar parte deste proxecto tan interesante e necesario.

 

 

Moitas grazas a Javier, pola túa implicación dentro e fóra das aulas. Estamos seguros de que este é o inicio dunha aventura apaixoante!!!

 

Todxs deixaron a súa pegada no libro de firmas da nosa biblio.

  

  

 

 

Esperamos tervos de volta pronto!!!

 

Thanks Galego Sticker by AiFalaches