25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

pastel purple purple heart gif | WiffleGif       25N- DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO       pastel purple purple heart gif | WiffleGif

Como centro educativo cremos que a mellor arma para loitar contra a violencia de xénero é unha educación cimentada na igualdade efectiva entre mulleres e homes. Por esta razón e para reivindicar a nosa loita contra esta problemática organizamos diferentes actividades educativas.

O venres día 24 acudiu ao centro a concelleira de Cultura e Ensinanza, Cristina Juíz, para explicarnos a campaña de sensibilización do Concello "Sementando igualdade". Entregounos a cada un de nós, un conto dos Bolechas titulado "En Bóveda somos iguais" e cunha ilustración do miradoiro do Alto do Coto. Ademais, tamén nos amosou a árbore da igualdade e deunos unha pegatina a cada un/unha de nós. Por último, pegamos na entrada do noso cole o símbolo de dita iniciativa. Quedou precioso! Moitas grazas por estes agasallos tan importantes e necesarios!

 

 

A nivel de centro, organizamos un contacontos realizado polo alumnado de 5º e 6º de primaria para todxs durante a hora de ler do luns día 27. O conto elixido foi o titulado "As mulleres que cultivaban néboas" de Bea Gregores da Editorial Xerais.

AS MULLERES QUE CULTIVABAN NEBOAS | BEA GREGORES | Casa del Libro

Nel relátase a historia de supervivencia e esperanza dunha nena e a súa mamá, que tecía unha manta azul para protexelas dos actos violentos do seu papá.

 

Unha vez comentado o conto, entre todxs realizamos a nosa manta azul como símbolo de protección de todas as víctimas de violencia de xénero. Para tecela cada un/unha de nós tivo que escribir nun anaquiño de cartolina unha palabra, unha frase ou realizar un debuxo que denotara unha actitude contraria á violencia. Debido a gran importancia desta actividade, todo o persoal do centro participou na confección da nosa manta.

 


 

A verdade é que a actividade co lema "Tecendo fíos pola igualdade" demostrou a sensibilidade que o noso alumnado ten ante esta problemática. Escribiron palabras moi bonitas que confiamos que nun futuro sigan servindo como referencia dos seus actos.

Ademais, de todas estas tarefas. Como xa sabedes, a cada aula tócalle facer un decoración para "o taboleiro das conmemoracións" que está situado nas escaleiras do centro. Neste caso, foi o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria xs encargadxs de elaborar un mural reivindicativo que lles quedou así de bonito:

 

 

 GALERÍA DE IMAXES