Skip to Content

Por promoción, Prom. 2012, Prom. 2013, Prom. 2014, Prom. 2015, Prom. 2016, Prom. 2017, Prom. 2018, Prom. 2019, Prom. 2020

MAIS PRIMAVERA EN 5B DE INFANTIL

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Mais primavera

Seguimos aprendendo moitas cousas coa temática da primavera de fondo. Estas últimas semanas coñecemos moitos tipos de flores e as suas partes gracias a aportacións das familias.

A primavera está chea de ledicia e se poden investigar moitas cousas.... así que seguimos a traballar.... 

COUSAS DE 6ºB EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> COUSAS DE 6ºB EI

Temos que compartir con todos vós, varias cousas!: Seguimos co noso proxecto do cine, estreamos un montón de xogos novos que nos fan pensar e buscar solucións, temos un circuíto de exercicios no patio para completar de xeito práctico a nosa filosofía de vida saudable.

Que disfrutedes da sesión de fotos!!!

6º A DE E.I. 2º TRIMESTRE II

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> 6º A DE E.I. 2º TRIMESTRE II

Rematado o segundo trimestre deste curso escolar, lembramos as actividades máis importantes do mesmo.

Tras o entroido, Mathías e Sockona, uníronse ao grupo dos "maiores", polo seu sexto cumpleanos.

Un grupo de alumnos das aulas de sexto de EI participaron nun concurso matemático, ao que acudiron nenos e neas de distintos centros. Foi unha experiencia chea de emoción e nervios, que repetiremos en vindeiras edicións, xa que resultou moi enriquecedora para alumnos e profesores. 

Tamén neste trimestre, visitamos a Fundación María José Jove e a biblioteca do Ágora, onde nos achegamos ao mundo do arte e da literatura desde unha perspectiva adaptada aos nenos desta idade. 

O mes de marzo iníciase coa celebración do Día da Muller. Esta semana dedicámola a conversar sobre o motivo de dita celebración, e as nenas do aula, que serán as mulleres do futuro, convertíronse en protagonistas imprescindibles.

PRIMAVERA EN 5*B DE INFANTIL

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Primavera

A primavera chegou á nosa aula e comezamos a traballar cousiñas relacionadas con esta temática: vocabulario con alfabetos manipulativos, conteo de elementos primaverais, xogos de mesa, construccións florais, etc...

Pero sen dúbida o mellor é ver a evolución das nosas novas mascotas: os gusanos de seda. Por ahora so naceron 6 e estamos coidando moito dos outros oviños e investigando , xa sabemos que só poden comer moreira e de momento toca esperar... a ver que acontece...

 

 

.....continuará....

 

Distribuir contido


by Dr. Radut