Skip to Content

Taboleiro de anuncios

AVISO IMPORTANTE DO IES AGRA DO ORZÁN

No IES adscrito ao noso centro, o Agra do Orzán, a demanda de solicitudes é superior ás prazas ofertadas e, polo tanto, todo o alumnado deberá presentar a solicitude de admisión. Lede atentamente as instrucións premendo na imaxe de enriba.

ENQUISA SOBRE CONVIVENCIA ESCOLAR

As familias que desexen participar teñen que cubrir a enquisa que atoparán na seguinte ligazón: https://edu.xunta.es/convfamil. O código de acceso foi entregado onte aos seus filllos/as.

Moitas grazas pola súa colaboración.

OS MANDADOS DO MECO 2019

Chega o Entroido e, con el, o tradicional Meco. Todos os días, este amigo ordenará traer algo posto e nós debemos obedecerlle. Por iso, pedimos a colaboración ás familias para que axuden aos cativos e cativas a buscar os mandados do Meco. Aquí vos deixamos un resumo do que vai pedir ao longo da semana que vén (se premedes nos carteis ao longo da semana, veredes fotos da xentiña disfrazada):

Se premes nas imaxes, poderás ver fotos guapas do alumnado!

Luns: hai que levar algo na cabeza. 

Martes: temos que poñer unha gravata no pescozo. 

 

Mércores: traeremos os zapatos decorados con algo. 

 

Xoves: vestiremos un disfrace que teñamos pola casa. 

 

Venres: cada aula ou nivel disfrazarase dun Entroido galego.

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2019

Álbum: CURSO 2018-2019 -> Día Escolar da Paz 2019

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos no colexio o Día Escolar da Paz. Toda a comunidade educativa estaba convidada a participar na gran cadea humana que rodeu o colexio. Percorremos todo o camiño pasando polo Ágora collidos e collidas da man. Finalmente, recordamos a figura de Gandhi no noso manifesto.

E bailamos unha canción ben bonita.

Era de Diego Torres, Color esperanza.

Grazas a todos e todas pola vosa gran implicación! Paz!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut