Skip to Content

Prom. 2018

SAMAÍN 4º B E.I. (CONCURSO DE CABAZAS)

Álbum: Educación Infantil 2021-2022 -> CABAZAS SAMAÍN EN 4ºB E.I.

Coma todos os anos por estas datas, celebramos o Samaín cun concurso de cabazas. Aquí están as que fixemos na casa coa familia e a que fixemos entre todos na clase tendo como idea o proxecto da biblioteca deste curso: "A XESTA DAS EMOCIÓNS". Puxemos o pelo con ramiñas da xesta e decorámolo coas emocións . Como nos encanta estar CONTENTOS e ALEGRES fixemos unha cabaza contenta. A ver se temos sorte e nos dan algún premio.Guiño

APRENDENDO AS CORES EN 4º B EI

Álbum: Educación Infantil 2021-2022 -> AS CORES EN 4ºB E.I.

Descubrimos as cores con Buba, un mono que se meteu nun museo para devolver as cores desaparecidas dos cadros de Miró. Convertímonos en Picassos para restaurar os seus cadros.

Tamén facemos un libro de froitas de distintas cores e con distintas técnicas.

E o Monstruo das cores tamén ten un lío montado e axudámoslle a poñer orde.

O OUTONO EN 4º B DE E.I.

Álbum: Educación Infantil 2021-2022 -> O OUTONO EN 4ºB E.I.

O outono dá moito xogo!

Vemos as cores típicas desta época do ano, exploramos as cabazas (tamaños, tacto, peso, cor...) e, a vindeira semana abrirémola para ver que hai dentro.

ANIVERSARIO DE ADAM

Álbum: Educación Infantil 2021-2022 -> ANIVERSARIO ADAM 4ºB E.I.

Celebramos o segundo aniversario deste curso. Adam cumpriu 3 aniños. Parabéns!!

Distribuir contido


by Dr. Radut