Skip to Content

SE NON A TES NO TEU MÓBIL, INSTÁLAA!


O CEIP Raquel Camacho, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, sérvese de abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos e fillas a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

AS UVAS DA PARRA DO RAQUEL CAMACHO 6º B EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> UVAS 6ºB EI

No comenzo do outono fomos ver se, os paxariños e outros bichiños, deixaran algunhas uvas na parra do noso colexio. E si, quedaban!!! Ummmmm!!!!Que boas!!!! Deixáronnos larafuzas, mans tintadas e algún que outro pantalón tamén!!!

FACEMOS ZUME DE LARANXA

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Laranxada de Outono

Hoxe na aula de 5ºB de infantil fixemos zume de laranxa e unha degustación desta froita tan rica.

Por equipos esprimimos moitas laranxas e isto serviunos para traballar e mellorar a motricidade das nosas manciñas.

Aínda temos laranxas para uns días. Grazas familias pola vosa colaboración.

Encantounos!!

 

AVISO: NOVO ENDEREZO ELECTRÓNICO DE ORIENTACIÓN

O departamento de orientación ten un novo enderezo de correo electrónico para comunicarse con el (ver contacto aquí):

orientacion.ceip.raquel.camacho@edu.xunta.gal

O anterior deixará de estar operativo para este fin.

Distribuir contido


by Dr. Radut