Skip to Content

ESCOLA DE PAIS/NAIS

Os vindeiros días 22 e 29 de maio haberá no colexio, en horario de 16:30 a 18:00 horas, unha escola de pais e nais na que se tratará un tema moi interesante:

A educación dos nosos fillos e fillas desde as nosas emocións: como sentirnos ben para educar mellor?

Podes anotarte no seguinte enlace PREMENDO AQUÍ.

Agardamos que a temática sexa do teu interese e contar coa túa presencia.

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA

Prezadas familias:

As súas fillas/os levaron unha circular na que se lles convida a participar nunha enquisa para mellorar a convivencia escolar. Poden acceder á enquisa a través deste enlace:

https://edu.xunta.gal/convfamil

Pediráselle unha clave/código para entrar, que é a que figura na circular que hoxe levaron para a casa. Se tivese algún problema ou precisase un novo código, pode poñerse en contacto coa dirección do centro.

O prazo para cubrir a enquisa remata o día 22 de maio. A súa opinión e moi importante e valiosa, polo que lle agradecemos a súa colaboración e participación.

O COELLIÑO BRANCO NA NOSA BIBLIO

 

Os e as mestras de Infantil prepararon algo especial para o Día do Libro. Este luns vestiron os seus traxes de actrices e demostraron que están a un paso do Óscar. Representaron perante a asistencia masiva dun púbico entregado un clásico da literatura infantil galega: O coelliño branco.

PREMIOS DO VIVEIRO EXPRESS DO 2º TRIMESTRE

Mira que feixe de participantess!!!

Pois con todos os papeis entregados que atoparon a palabra agochada no cocido de letras, xa tivo lugar o sorteo dos premios e a súa correspondente entrega.

Parabéns ás e aos participantes!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut