Matrícula
SOLICITUDE DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO ACADÉMICO 2017-2018
Desde o día 01 DE MARZO ata o 20 de marzo de 2017 ábrese o prazo para solicitar praza nos centros para alumnos de novo ingreso.
Para máis información sobre o proceso de admisión, poñemos a súa disposición os seguintes documentos:
Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado nos centros docentes
Orden del 12 de marzo de 2013(cast.)
Mapa de Zona de Influencia dos Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria.
SORTEO DE LETRAS DE PRIORIDADE
Resolución do sorteo das letras de prioridade para o desempate no proceso de admisión.
Comunicacións da Xefatura Territorial
Instruccións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA E. INFANTIL: Día 13 de marzo de 2017 de 18:00 a 19:00 horas. (Ás 18:00 horas reunión conxunta e a continuación visita de aulas)
ACLARACIÓNS
Para as familias que presenten puntuación polo apartado da renda da unidade familiar (artigo 22.5 da Orde) deberán facer constar a cantidade correspondente á base impoñible, no caso de declaración conxunta , ou á base impoñible de cada un dos declarantes da unidade familiar , no caso de declaración individual. A tal efecto, constará a cantidade que resulta da suma das casiñas 430 (base impoñible xeral) e 445 (base impoñible de aforro) da/s correspondente/s declaración/s do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano 2014 dividida entre os membros da unidde familiar a 29 de febreiro de 2014.
Para aplicación da puntuación deste criterio (artigo 8 da orde) utilizarase o Indicador público de renda de efectos multiples (IPREM) correspondente ao ano 2014, que está cifrado en 6.390,13 € anuais, con exclusión das pagas extraordinarias.
PLAZO DE MATRÍCULA:
Formalización da matrícula curso 2017-2018: educación Infantil e Primaria do 20 ao 30 de Xuño.