Skip to Content

QUEN SOMOS?

O Departamento de Orientación (DO) foi creado no curso 2000/2001, en cumprimento do establecido nos art. 3º e 13º da Orde do 24/07/1998 (DOG do 31) pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, regulada polo Decreto 120/1998 (DOG 27 de abril).

Que é o Departamento de Orientación? 

  • É un servizo que ofrece nos centros educativos públicos a Consellería de Educación.
  • É un apoio esencial para axudar ao alumnado no seu tránsito educativo dende a educación infantil ata o remate dos seus estudos obrigatorios.
  • Non só asesora ao alumnado, senón tamén ás familias e ao profesorado do Centro.

Que servizos pode prestar e a quen?

  • Ao alumnado: axudarlle a superar as dificultades e a desenvolver todas as súas capacidades.
  • Ás familias: dar información e facilitarlles a súa colaboración no proceso educativo dos seus fillos, non só en aspectos escolares senón tamén no seu desenvolvemento persoal e social.
  • Ao profesorado: colaborando na mellora da calidade educativa.

Por quen está composto no curso 2019-2020?

  • Orientadora: Helena Pérez Castro.
  • AL: María del Carmen García Vila/Lorena Méndez Coira.
  • PT I: Mª de la O Fernández Iglesias.
  • PT II: María José Camino Marta.
  • PT III: María García Gerpe.
  • E. Infantil: Patricia Abad Reino.


page | by Dr. Radut