Skip to Content

MUS-E

PROXECTO MUS-E

Fonte: Menuhin Foundation.

Co gallo da participación do alumnado de 4º, 5º e 6º de E. Primaria do noso centro no proxecto MUS-E promovido pola fundación Yehudi Menuhin (no marco dun convenio coa Fundación Paideia e a Consellería de Educación e aprobado polo Consello Escolar), de cara ao fomento da expresividade artística como ferramenta para mellorar a integración multicultural e o os valores de convivencia e tolerancia na escola, cómpre facer algunhas indicacións para o seu correcto desenvolvemento. 

O proxecto levarase a cabo no centro ao longo dunha sesión nos vindeiros xoves, comezando o día 30 de novembro, ata completar un total de 12 sesións, repartidas en dous bloques de 6, adicadas á danza (ata o Entroido) e ao teatro (de febreiro a maio). As sesións estarán dirixidas por dous profesionais expertos en cada unha das devanditas disciplinas artísticas coa presenza e participación do profesorado titor.

Para que o alumnado poida tomar parte neste proxecto compre que se respecten certas normas relativas á indumentaria. Os/as nenos/as deberán vir ao centro, cada xoves que lle corresponda a actividade, con roupa cómoda preferiblemente cinguida (tipo malla), chándal ou outra de estilo deportivo. En calquera caso, quedan totalmente descartados os pantalóns texanos e as saias. Tamén deberán asistir co cabelo recollido, no caso de que o teñan longo e, dado que algunhas actividades realizaranse descalzos, é importante que traian dous pares de calcetíns ou uns que sexan bastante grosos.

 

Proxecto Muse

Este curso comezamos no Centro con un novo Proxecto  cos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria. este Proxecto é o Proxecto MUS-E que se desenvolve no noso colexio grazas a un convenio entre a Fundación Paideia, a Fundación Yehudi Menuhin e a Consellería de Educación.  Premendo AQUÍ poden ler información sobre este proxecto, e no video que se mostra a continuación queda unha pequena mostra do Día Mus-e Celebrado este xoves día 27 no centro cos artistas de teatro e de danza no que participaron o alumnado de 3º,4º 5º e 6º de Educación Primaria. Foi un día fantástico no que disfrutamos todos dunha marabillosa experiencia.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut