Skip to Content

MUS-E

MUS-E EN INFANTIL

MUS-E é unha iniciativa da Fundación Yehudi Menuhin España na que o noso colexio está presente.

A partir do vindeiro martes, 8 de marzo, o alumnado de Infantil terá a ocasión de aprender neste programa impulsado pola fundación Yehudi Menuhin. Ata agora só se estaba ofrecendo para E. Primaria, mais a partir dese día as clases de 6º de E. Infantil poderán ter sesións de teatro con Ramiro Neira. Serán un total de 6 sesións.

SESIÓN MUS-E 4º A

Álbum: Educación Primaria 2021-2022 -> Mus-e 4º A

Esta semana, na sesión Mus-e de 4º A, representamos unhas pequenas obriñas de teatro, que fixemos nós mesmos, sobre a importancia do coidado do medioambiente.

Aínda que nos falta moito por aprender, fixémolas con moita ilusión e pasámolo estupendamente.

Quedaron moi chulas!!

SESIÓN MUS-E CON FAMILIAS (4°A EP)

Álbum: Educación Primaria 2019-2020 -> Sesión MUS-E con familias (4°A)

II ENCONTRO MUS-E GALICIA ‘CREACCIÓN COMPARTIDA’

Hai unhas semanas, tivo lugar o II Encontro MUS-E de Galicia no noso colexio, coa participación de todos os centros MUS-E de Galicia (o CEIP San Pedro de Visma, o CEIP Raquel Camacho, o IES  Rafal Dieste, o CEIP Ría do Burgo e o IES Agra Do Orzán) e a implicación de máis de 300 menores, xunto aos seus profesores e profesoras e aos artistas MUS-E de Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut