Skip to Content

MAGOSTO 2022

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Magosto 2022: comida

Hoxe festexamos o tradicional magosto. Comezamos a mañá prendendo os fogóns e enchendo aos poucos as potas coas castañas. 

Coa primeira tixolada delas, un grupiño de nenos e nenas de Infantil fomos elaborando sobres agasallo con tres castañas (lembrade a canción). Para que? Para levárllelos os pequenos e pequenas da EIM Agra do Orzán. A xentiña da escola infantil quedou encantada.

O recendo das castañas asadas espallouse polo colexio e entráronnos as gañas de xogar. No patio, montamos unha chea de xogos con castañas e fomos pasando por todos eles.

Esgotados e esgotadas de correr, sentamos e entregáronse os premios dos concursos do Samaín: o de cabazas e o de relatos Dáme medo. Parabéns aos premiados e premiadas! Se queredes ler os contos no Rakonto, premede nesta ligazón.

 

Xa para rematar, o máis importante dun magosto: comer as castañas. Mirade as fotos: houbo quen comeu un par de ducias delas.

Preme na imaxe de enriba de todo ou vai á galería.



album | by Dr. Radut