Skip to Content

RECOLLIDA DE SINATURAS PARA INICIATIVA XABARÍN

A partir de mércores, colocaremos mesas para quen queira asinar e sumarse á Iniciativa Xabarín para a programación infantil e xuvenil en galego na TV. Trátase dun movemento que pretende, entre outras cousas, que a Corporación de Radio de Televisión de Galiza aumente a oferta en galego destinada á infancia e mocidade nas televisións públicas a través dunha canle “Xabarín”, con programación dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñíbel en todas as plataformas de contidos audiovisuais así como App actualizadas que conten ademais con programas e xogos co fin de garantir nesta canle en galego, a presenza de contidos atractivos, de éxito, actuais e pasados, así como contidos educativos e de produción galega.

O prego para asinar estará no momento das saídas nas portas das aulas de Infantil este mércores, xoves e venres (2, 3 e 4 de decembro, respectivamente). Cada día nun nivel: o primeiro día estará nas clases de 3 anos.

En tempos de pandemia, é imprescindible lembrar que...

...asinedes:

  1. de un/nha en un/nha e con separación,
  2. asegurándovos de ter ben posta a máscara,
  3. lavando antes as mans con xel e
  4. rematando decontado.


page | by Dr. Radut