Skip to Content

E. Infantil, 3 anos, 4 anos, 5 anos

O NOSO PRIMEIRO SAMAÍN!

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> Samain 3 anos A

Este foi o noso primeiro Samaín no cole.  E que ben o pasamos! Fixemos biscoitos con formas de pantasmas, cabazas...e o martes desfrutamos cos nosos arrepiantes desfraces! Dábamos moito medo!

3 ANOS B: PASÁMOLO DE MEDO

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> Samaín 3 aniños B

Xa rematou o Samaín e pasámolo de medo!

Xogamos cas mans tolas, e cociñamos unha tarta terrorífica pero sabrosa.

O último día tivemos galletiñas de formas de Samaín e fomos o pasar un pouco de medo ao ximnasio, mellor dicir...bastante medo! Pero e que os profes e os rapaces que alí traballaron o fixeron fenomenal.

Gran día

Sorriso

SAMAÍN NA AULA DE 5º B

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> Samaín na aula de 5ºB EI

Os pequechos/as de 4 anos B levamos unhas semaniñas traballando coa temática do Samaín que tanto nos gusta. Aquí vos mostramos algunhas fotos das cousiñas que fixemos: cociñar unha merenda de Samaín, xogar con xogos de mesa terroríficos, facer apócemas con materiais pringosos e celebrar esta festa convertidos en meigas, monstros, demos e outras criaturas. Todo moi horripilanteeeee!!!

 

ANIVERSARIO DE EITHAN 5ºB EI

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> Aniversario de Eithan

Hoxe na aula de 5ºB de Ed.Infantil tivemos un aniversario terrorífico. O noso compañeiro Eithan fixo 4 aniños e todos e todas o celebramos disfrazados no noso Samain do cole. O pasamos xenial e de forma terrorífica acompañamos a Eithan na súa cuarta volta ao sol.

Distribuir contido


by Dr. Radut