Skip to Content

3 anos

O NOSO XARDÍN

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> o xardín

Bo día a todos e todas!

Coa chegada do bo tempo estamos a gozar moito do noso xardín. Soemos ir a observar as flores, botarlle de comer aos paxaros e tamén cortamos o céspede coas tesoiras.

E sabedes que facemos coas herbas que recollemos? Pois as levamos a clase para darlle de merendar a Pepe, o noso caracol.

Sorriso

LIBRE CIRCULACIÓN EN 3 ANOS

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> libre circulación

Experimentamos a libre circulación nas nosas aulas. Consiste en que os nenos e nenas decidan a onde queren ir durante un período de tempo dependendo das actividades que lles ofertamos.

Nesta ocasión tíñamos unha aula dedicada máis ao arte con actividades de pintura e plastilina, e outra aula dedicada ao xogo simbólico con actividades de cociña e construcións.

Os rapaces se movían dunha clase ou outra dependendo da actividade que quixeran facer.

Que conseguimos?

- Agrupamentos flexibles en espazos e tempos regulados.

- Novos espazos de encontro.

- Promover actividades manipulativas.

- Facilitar as aprendizaxes entre nenos/as de diferentes aulas.

- As mestras son referente para todos os rapaces. Os nenos/as son de todos.

Resultou unha experiencia xenial. Repetimos para a semana. Guiño

O NOSO CESPÍN

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> cespin

Coa chegada da primavera comezamos coas prantacións na aula, nesta ocasión fixemos un cespín. Desfrutamos con todo o proceso dende a semente ata cortarlle o pelo.

PARABÉNS NOAH

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> Parabéns Noah

Seguimos de festa, porque tivemos hoxe o aniversario do noso compañeiro Noah, Parabéns por eses 4 aniños!

Distribuir contido


by Dr. Radut