Skip to Content

COMEDOR/MADRUGADORES 2022-2023

 

Xa está aberto o prazo para solicitar praza do comedor para o seguinte curso 2022-23.

Este ano seguiremos aplicando os criterios de admisión aplicados o ano pasado que detallamos a continuación:

1) Conciliación: @s que necesiten praza no comedor por motivos laborais terán que subir os xustificantes laborales ACTUALIZADOS d@ nai e pai ao formulario de alta de soci@ do Anpa, conforme traballan nese horario e non lles é posible recoller @s nen@ do Colexio.

2) Orde de inscrición: iranse adxudicando as prazas na orde de inscrición na aplicación Colechef, previa inscrición como soci@ do Anpa.

 

Para inscribirse farase a través da App para xestionalo vos directamente. Deste xeito, poderedes facer todas as xestións relacionadas co comedor en calquera momento do día que vos veña ben, adaptándose así a todos os horarios. Pincha aquí para máis información e prezos.

Aquí tedes uns enlaces que vos explican o funcionamento da aplicación para usuarios novos ou para usuarios xa rexistrados. E sinxela e intuitiva; nun primeiro momento cubrimos os datos dos alumn@s, e máis adiante os servizos que precisades: madrugadores, comedor, comida a casa..., así coma os días.

@s nen@s que teñan algunha dieta especial teñen que enviar un correo a info@arumeservicios.gal co certificado médico adxunto conforme ten esa alerxia ou intolerancia. 

Para calquera dúbida podedes chamar ao teléfono de Arume 986453040 e/ou no mail soporteapp@colechef.com.

Recordamos que para darse de alta en calquera servizo que oferta Arume (comedor, madrugadores...) hai que ser soci@s do Anpa (formulario de alta) e subir a dito formulario de alta a declaración responsable cuberta e firmada. 

 



page | by Dr. Radut