Skip to Content

A VIDA DE M.V. MORENO EN 10 CARTEIS

Álbum: CURSO 2017-2018 -> Letras Galegas 2018: Carteis M.V. Moreno

Estes son os carteis que amosan momentos importantes na vide de María Victoria. De seguido, explicámosvos cada un deles. Se os queredes ler con pictogramas podedes premer aquí ou acolá.

Cartel número 1: Cuarta muller en dedicárselle o Día das Letras Galegas

A Real Academia Galega decidiu este sábado que o nome da autora da inesquecible Anagnórise únese á reducidísima lista de mulleres homenaxeadas no Día das Letras Galegas, ata agora só conformada por Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987) e María Mariño (2007). Fonte: premer aquí.

Cartel número 2: Naceu en Estremadura, mais sempre amou Galicia

María Victoria Moreno, que nacera en 1941 na vila cacereña de Valencia de Alcántara. Fonte: premer aquí

María Victoria Moreno naceu en Valencia de Alcántara, unha vila de Cáceres (Estremadura) que, noutro tempo, pertenceu a Portugal, e que está a doce quilómetros da fronteira. Si, pasou a súa infancia na Raia. Que por que é isto importante? Porque viviu o seus primeiros anos entre dous territorios, nos límites, entre dúas linguas: o español e o portugués. Porque, para fuxir dos horrores da posguerra en Estremadura, inventaba historias. Porque o seu afecto polos idiomas foi decisivo á hora de escoller en cal quería vivir e escribir [...]. Fonte: RIOS, E. e AGRA, E. (2016).

Cartel número 3: Como estudante, tamén coñeceu outros lugares

Foi licenciada en Filoloxía Románica e Catedrática de Bacharelato de lingua e literatura españolas. Fonte: premer aquí.

Fixo o bacharelato en Barcelona e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Madrid, onde tivo de profesores a Rafael Lapesa e Dámaso Alonso. Fonte: premer aquí.

De orixe andaluza por parte da súa nai mestra e de labregos acomodados da raia entre Cáceres e Toledo por parte do seu pai militar que, despois de estudar o bacharelato en Barcelona e a carreira de Filoloxía Románica en Madrid. Fonte: premer aquí.

Cartel número 4: Escritora alófona?

A primeira acepción que aparece no dicionario da Real Academia Española (RAE) do termo alófono alude a aquel que se expresa nun idioma diferente. Trátase, neste caso, dun adxectivo.

Por exemplo, se dun grupo de cinco homes, catro falan en inglés e o quinto é alófono, este último suxeito terá dificultades para comprender as conversacións que manteñan na lingua de Shakespeare. Ou, o equipo é dominicano pero o adestrador é alófono, por iso ten un tradutor. Tamén Considérome un escritor arxentino alófono, xa que non escribo en castelán. Fonte: premer aquí.

"Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía (…). A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor", declaraba María Victoria Moreno, en 1993, no congreso "Poetas alófonos en lingua galega". Fonte: premer aquí.

Cartel número 5: Sempre apoiando os/as que máis o necesitaban 

No seu encontro con Galicia abrazou a súa cultura pero sobre todo a súa lingua, que pasou a ser o vehículo da súa literatura e obxecto do seu compromiso. Ademais do traballo nas aulas, impartía cursos de galego en asociacións, o que lle custaría no franquismo a retirada do pasaporte. O compromiso, ademais, non era só coa lingua, era tamén cos menos favorecidos: «O galego é unha vella lingua de cultura, pero daquela había unha clara diferenciación social, e era a lingua dos pobres. ¡Pero fillo, cos pobres sempre estiven! Daquela fíxome moita ilusión traballar polo galego, e se tivese outra vez vinte anos volvería facelo», lembraba o ano da súa xubilación. Fonte: premer aquí.

Polas primeiras, en concreto as impartidas no Ateneo de Ourense, a Policía de Pontevedra chegou a retirarlle o pasaporte a comezos de 1975 por entender que esta institución estaba gobernada por dirixentes subversivos. Fonte: premer aquí.

Cartel número 6: Dedicou a súa vida tamén ao ensino

A escritora á que se lle dedicará o 17 de maio do 2018 chegou a Galicia moi nova, con menos de 30 anos. Non viña da súa Estremadura natal, porque xa pasara por Barcelona e mais por Madrid, onde estudou Filoloxía Románica. A principios dos escuros anos 60 comezou a dar clase en Pontevedra, a que tras breves estadías en Lugo e Vilalonga tornaría na súa cidade e onde o seu nome ficaría ligado para sempre á historia de dous centros educativos, os institutos Valle-Inclán e Torrente Ballester, ao que cedeu a súa enorme biblioteca persoal. Fonte: premer aquí.

Cartel número 7: Quero ser escritora!

As letras eran doces,

eu tiña fame

e decidín comelas

ata fartarme.

M.V. MORENO (2005).

Cartel número 8: O seu coche vermello chamábase Teresita

Dunha volta, viñamos de Santiago, dun acto, as dúas (con Fina Casalderrey) na súa “Teresita” (só a ela se lle puido ocorrer poñer ao seu coche -vermello, por certo- un nome de muller), ela conducía... Fonte: premer aquí.

Alma, a súa cadela, ou Teresita o seu coche vermello, foron algúns deles. Pingas que compuxeron o océano da súa personalidade no que, como vemos, aínda se botan barcos a navegar sabedores, como sabemos moitos, que aínda se poden apañar moitos peixes. Fonte: premer aquí.

[...] amor e pan,

casa, escola e camiños,

Nica e Iván...

M.V. MORENO (2005).

Cartel número 9: María Victoria escolleu o galego

"Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía (…). A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor", declaraba María Victoria Moreno, en 1993, no congreso "Poetas alófonos en lingua galega". Fonte: prremer aquí.

Cartel número 10: Agasallou todos os seus libros ao instituto no que traballou

Cumpriuse a vontade da profesora e escritora María Victoria Moreno. A súa biblioteca particular xa está no centro no que impartíu a súa docencia ata o seu pasamento, o IES Torrente Ballester. A familia da autora, falecida o 21 de novembro do 2005, participou no acto de recepción dos libros doados, que se desenvolveu no instituto. Pedro Iturburúa, vicedirector do centro, comentou que a biblioteca da profesora desaparecida consta duns 4.500 libros, pero aínda non están todos catalogados. Fonte: premer aquí.



album | by Dr. Radut