O pasado luns, día 13, o alumnado de 5º paseamos pola ribeira do Sar, dirixidos por un membro do CIAC (Centro de Interpretación Ambiental Compostela). Puidemos coñecer algunha vexetación de ribeira e as brañas. Comprendimos a importancia do ecosistema das brañas para a saúde medioambiental do río, observamos as modificacións realizadas polo ser humano na paisaxe ao longo da historia e fixémonos conscientes da necesidade de protexer os ecosistemas naturais que sobreviven na cidade e da posibilidade de disfrute que nos ofrecen.
Unha curiosidade: no paseo tivemos a ocasión de observar unha das orquídeas máis abundantes na nosa comarca.