Skip to Content

Diversidade Funcional 2021

Hoxe conmemoramos unha data moi especial e desde o Departamento de Orientación prepararon unhas actividades nas que todas e todos quixemos participar; o Día Internacional das persoas con Discapacidade. Actualmente, emprégase o termo Diversidade funcional, un termo alternativo que pretende substituír as connotacións negativas tales como “discapacidade, minusvalía...” dado que na sociedade existen persoas con capacidades diferentes entre si. Por iso, no día de hoxe, comezamos reflexionando sobre o termo “discapacidade”. O alumnado espuxo as súas ideas e decatáronse que só saían definicións “negativas” referidas a limitacións, restricións... Tras isto, escribiron nun papel o que significaba para cada un deles a Diversidade e puxemos as ideas en común. A continuación, lémoslle unha definición; a cal está moi relacionada coas ideas que escribiran:

“A diversidade funcional é unha realidade derivada das características individuais de cada persoa, xa que cada un de nós ten unha particular forma de ser e de aprender. Cada neno e nena é único/a e irrepetible, coa súa propia historia, motivacións, necesidades, intereses e, por tanto, ten un modo especial de sentir, de pensar e de actuar. A diversidade entende que non hai unha maneira única de aprender e que todos podemos aprender conxuntamente.”

 

Pincha no cartel para ver máis.

 



page | by Dr. Radut