ARQUIVO DE NOVAS GALERÍA DE FOTOS GALERÍA DE VÍDEOS AULA VIRTUAL
Datas das reunións informativas con pais/nais, titores/as legais de alumnos/as do Centro.
EDUCACIÓN INFANTIL
CURSO | DÍA | HORA |
3 ANOS | MARTES, 11 DE OUTUBRO | 17:30 |
4 ANOS | MARTES, 4 DE OUTUBRO | 17:30 |
5 ANOS | MARTES, 27 DE SETEMBRO | 17:30 |
EDUCACIÓN PRIMARIA
CURSO | DÍA | HORA |
1ºA/B | MARTES, 27 DE SETEMBRO |
17:30 |
2ºA/B | MARTES, 27 DE SETEMBRO | 18:00 |
3ºA/B | MARTES, 11 DE OUTUBRO | 17:30 |
4ºA/B | MARTES, 11 DE OUTUBRO | 17:30 |
5ºA/B/C | MARTES, 4 DE OUTUBRO | 17:30 |
6ºA/B | MARTES, 18 DE OUTUBRO | 17:30 |
BENVIDAS E BENVIDOS
AO CURSO ACADÉMICO 2022-2023
NO CEIP RAMÓN CABANILLAS
O PROFESORADO E O PERSOAL DO CENTRO AO COMPLETO AGARDÁMOSVOS!!!
Este ano graduamos ao alumnado en prácticas da UVigo e máis da USC que por segundo ano consecutivo elixiron o noso "complexo" centro para aprender e ensinar a través das súas experiencias.
Agardamos que a súa aprendizaxe continúe sempre e que, dentro de nada, os volvamos ver polo noso centro, entón convertidos en colegas de profesión.
Grazas a todas e todos.
Julio (EI), Marcos (EP), Diego (EP), Laura (EP), Helena (EP), Juan José (EP), Laura (EP), Paula (EP), José (EP) e Piñeiro (EP).
Un ano máis conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, nesta ocasión, o 23 de febreiro.
Realizamos unha escolma de poemas que agardamos que vos gusten.
Ademais, no propio día, reunirémonos a través das redes para compartir este día. Pincha no programa do evento para ver o seu contido.
Agarda a que carguen os vídeos e despois fai doble clic no que desexes ver para que emerxa nunha nova xanela.
O alumnado do Ramón Cabanillas participa no recitado de Rosalía de Castro, aquí vai unha escolma:
ROSALÍA DE CASTRO 23 de FEBREIRO |
||||
|
Hainas e hainos que cantan cos seus versos ao río Sarela, lembrándonos o coidado ás nosas Brañas do Sar:
Algunhas e algúns van máis aló, cantando e facendo ritmos musicados!
Versionando a Rosalía é unha expresión de pensamentos propios sobre a base da poesía desta grande autora.
SEMENTANDO PENSAMENTOS | |||
Grazas a todo o alumnado e profesorado.
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE ESTE MURAL DE INFANTIL!!!!
O Alumnado de infantil conmemorou este día cun poema e unha rosa
![]() |
Pulsa na imaxe para ver as fotos |
Fixádevos tamén neste fermosísimo mural realizado con moito agarimo polo alumnado de 4º, en onde revindican unha praza para Rosalía no lugar de Ramirez. Xustamente onde está situado o cruceiro que ela menciona nun dos seus poemas.
![]() |
![]() |
Hoxe conmemoramos unha data moi especial e desde o Departamento de Orientación prepararon unhas actividades nas que todas e todos quixemos participar; o Día Internacional das persoas con Discapacidade. Actualmente, emprégase o termo Diversidade funcional, un termo alternativo que pretende substituír as connotacións negativas tales como “discapacidade, minusvalía...” dado que na sociedade existen persoas con capacidades diferentes entre si. Por iso, no día de hoxe, comezamos reflexionando sobre o termo “discapacidade”. O alumnado espuxo as súas ideas e decatáronse que só saían definicións “negativas” referidas a limitacións, restricións... Tras isto, escribiron nun papel o que significaba para cada un deles a Diversidade e puxemos as ideas en común. A continuación, lémoslle unha definición; a cal está moi relacionada coas ideas que escribiran:
“A diversidade funcional é unha realidade derivada das características individuais de cada persoa, xa que cada un de nós ten unha particular forma de ser e de aprender. Cada neno e nena é único/a e irrepetible, coa súa propia historia, motivacións, necesidades, intereses e, por tanto, ten un modo especial de sentir, de pensar e de actuar. A diversidade entende que non hai unha maneira única de aprender e que todos podemos aprender conxuntamente.”
Pincha no cartel para ver máis.
Con motivo do día internacional da eliminación da violencia de xénero, no CEIP Ramón Cabanillas berramos moi alto desde as aulas ao resto do mundo:
NON Á VIOLENCIA QUE EXERZA UN HOME SOBRE UNHA MULLER: DI NON!!!
Para ver o vídeo que preparamos preme sobre a imaxe.
Para coñecer as lecturas que recomendamos desde a Biblioteca Furelo preme no adxunto .pdf.
Ao longo de tres anos no CEIP Ramón Cabanillas, varias profesoras e profesores (así coma a Comunidade Educativa) colaboraron no estudo lonxitudinal para unha infancia saudable a través do proxecto ELISA (USC). Este estudo permitiu coñecer a evolución dos nenos e nenas durante os primeiros anos de escolarización, no relacionado co comportamento cos demais dende pequeniños.
Os resultados son moi interesantes para comprender o comportamento infantil e poder desenvolver un exercizo de mediación adecuado.
Esta semana outorgáronnos un diploma de recoñecemento pola colaboración realizada.
Algúns dos docentes que participaron no proxecto, recollendo o diploma
Diploma outorgado ao traballo realizado
Pero isto non remata aquí. Neste curso queremos continuar cunha nova fase desta formación e práctica: EmPeCemos, Aprendizaxe socio emocional como estratexia preventiva na educación infantil e primaria.
Desta volta, o Equipo de Biblioteca ven cunha proposta de cara ao Samaín para as familias.
Buscade nos vosos fondos de biblioteca ou poñédevos creativos coa creación de contos e relatos de medo.
Podedes enviar as vosas hitorias fantasmagóricas ao enderezo-e: bibliofurelo@gmail.com en formato vídeo ou audio até o luns 25 á medianoite.
ESPERAMOS ANSIOS@S AS VOSAS PROPOSTAS!!!
![]() |
![]() |
Para o deleite de todas e todos aos que vos gusta o MEDO, aquí vai o que deu de sí, o Samaín 2021 no Ramón Cabanillas
(preme na imaxe)
GRAZAS A TODAS E TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!
E MOI TERRORÍFICO SAMAÍN 2021!
Actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares de cada nivel educativo (non avaliables) para que as poidan realizar no seu domicilio durante o confinamento do COVID-19.
Dende o 14 de abril, dun xeito progresivo, todos os contidos e tarefas para o alumnado estarán presentes na contorna Eva-Edixgal e nas aulas virtuais do seu grupo-clase, podendo entrar nelas por primeira vez como convidado coa chave " ramoncabanillas " para posteriormente mudala pola proporcionada por cada titor/a ou especialista, ou co seu propio nome ou contrasinal unha vez matriculados.
INFANTIL | 3 ANOS | 4 ANOS | ||||
PRIMARIA | 1º | 2º | 3º | 4º | 5º | 6º |
ACTIVIDADES DE RELIXIÓN CATÓLICA
2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO AUTISMO
OUTRAS LIGAZÓNS DE INTERESE PEDAGÓXICO:
BIBLIOTECAS | MUSEOS | XADREZ | ED. FÍSICA | |
RECREO | INGLÉS | PLÁSTICA | LIBROS E CONTOS | |
DOCUMENTAL:"A PALABRA XUSTA" |
BO USO DAS TICs |
MÓVETE NA CASA | CRTVG |
Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cremos que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 debemos ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.
PREPARÁNDONOS PARA A VOLTA AO ESPAZO PÚBLICO E Á NATUREZA
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer