Skip to Content

Proxecto ELISA. Tres anos de estudo do comportamento infantil no Ramón Cabanillas

Ao longo de tres anos no CEIP Ramón Cabanillas, varias profesoras e profesores (así coma a Comunidade Educativa) colaboraron no estudo lonxitudinal para unha infancia saudable a través do proxecto ELISA (USC). Este estudo permitiu coñecer a evolución dos nenos e nenas durante os primeiros anos de escolarización, no relacionado co comportamento cos demais dende pequeniños.

Os resultados son moi interesantes para comprender o comportamento infantil e poder desenvolver un exercizo de mediación adecuado.

Esta semana outorgáronnos un diploma de recoñecemento pola colaboración realizada.

Algúns dos docentes que participaron no proxecto, recollendo o diploma

Diploma outorgado ao traballo realizado

Pero isto non remata aquí. Neste curso queremos continuar cunha nova fase desta formación e práctica: EmPeCemos, Aprendizaxe socio emocional como estratexia preventiva na educación infantil e primaria.

 



page | by Dr. Radut