Skip to Content

Radio Furelo 2ºB

Rosalía de Castro, o poder das palabras

"Rosalía de Castro, de Galicia para o mundo" é un programa radiofónico onde repasamos os grandes fitos da biografía de Rosalía, a nosa poetisa galega máis universal.

Texto e voz: alumnado de 2°B EP
Imaxe: Abi Castillo (extraída de: https://view.genial.ly/6025588991cb540d5f5665de/presentation-rosalia-de-castro)
Música: "Rosalía pequeniña" e "Has de cantar" de Uxía (Editorial Galaxia)

 

 

Polo día de Rosalía

Na frente unha estrela,

no bico un cantar.

Polo día de Rosalía, entonamos un cantar que Curros Enríquez lle dedicou.

Agardamos que vos guste (clica no enlace).

 

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2023-2024

Pode consultar todo o relativo á admisión na páxina da Xunta de Galicia:

Inicio do procedemento de admisión 2023/2024

Todas as solicitudes entregadas no noso centro onde hai vacantes foron ADMITIDAS.

VACANTES 

  PRAZAS SOLICITUDES ENTREGADAS
3 ANOS 50* 26
4 ANOS 6 1
5 ANOS 15 1

  

  PRAZAS SOLICITUDES ENTREGADAS
E. PRIMARIA 8** 1
0 -
0 1
0 -
1 -
18 -

*Seis postos de infantil 3 anos están reservados para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (aneae). 

**Seis postos de 1º de primaria están reservados para alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo (aneae). 

CALENDARIO 

ANTES DO

1 DE MARZO

RESOLUCIÓN DE 23 DE FEBREIRO DE 2023

Para resolver o empate na puntuación final no curso 2023/2024, terase en conta o número 0,69, resultante do sorteo público, dividido entre 100 (69/100).

ANTES DO

1 DE MARZO

PUBLICACIÓN DOS POSTOS ESCOLARES VACANTES

DO 1 AO 20

DE MARZO

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN

O proceso de admisión de alumnado tramitarase mediante a aplicación informática admisionalumnado:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 SOLICITUDES

Os formularios estarán dispoñibles o 1 de marzo de 2023

a) A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis.

As persoas solicitantes poderán:

- Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).

- Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia (dirección http://www.xunta.es/portada) ou da páxina web desta consellería dirección (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849) ou nos arquivos adxuntos para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial. 

ED550B-G ou ED550B-C 

10 DÍAS HÁBILES 

CONTADOS A PARTIR DOS DOUS DÍAS SEGUINTES AO REMATE DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

 

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN

Cando non haxa postos escolares suficientes para atender todas as solicitudes de reserva e/ou admisión

CRITERIOS DE ADMISIÓN DO ALUMNADO E PUNTUACIÓN 

Os documentos que acrediten puntuación débense entregar no Centro 2 días despois do remate do prazo de presentación.

Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática. 

Corresponde ao consello escolar dos centros públicos decidir sobre a admisión de alumnado e nos centros privados concertados, a decisión correspóndelle á súa titularidade coa participación do consello escolar.

O 25 DE ABRIL

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS (PRAZO DE RECLAMACIÓN DE 5 DÍAS HÁBILES) Xa están publicadas no taboleiro de entrada do centro educativo.

O 15 DE MAIO

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS. Xa están publicadas no taboleiro de entrada do centro educativo.

DO 20 AO 30 DE XUÑO

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 
 
PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN:
A súa consulta polas familias só se poderá realizar de forma:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. 

b) Non presencial: única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre

Área de influencia do centro.

Dependencias do centro.

"Xa o di Esther" de Manu

Manuel, de 4ºB, aproveita ao final do Entroido para aclararnos as distintas formas de denominar esta celebración no seu "Xa o di ESther".

Entroido 2023 no CEIP Ramón Cabanillas

Estimadas familias do CEIP Ramón Cabanillas.

Queremos agradecer toda vosa colaboración nesta celebración: na elaboración dos traxes, no respecto á comitiva durante o paseo polas rúas.

Queremos agradecer tamén á Protección Civil de Santiago de Compostela pola súa colaboración para cortar o tráfico durante a hora que durou o paseo.

Sentímonos afortunadas e afortunados de formar porte da Comunidade Educativa do Ramón Cabanillas.

Grazas tamén a todo o profesorado e o equipo de Extraescolares,

Feliz entroido e descanso,

Podedes ver as imaxes á continuación, grazas.

"Xa o di Esther" de Dani

Daniel, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre palabras do Entroido.

Por fin podemos gozar do Entroido no barrio!!!

Por fin podemos gozar do pasarrúas de antano!!!

Despois de varios días comandadas e comandados polo noso MECO... e tendo en conta que aínda nos quedan un par de días para troulear entre materia e materia...

Este venres ás 11.30h, se podes non o deixes pasar!!!

Neste mapa podes consultar o percorrido que fará o alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria o venres 17/02 a partir das 11:30h.

Acompáñanos ao longo do percorrido, formando ringleiras para animar e desfrutar deste ratiño cos teus cativos e cativas!!!

Fai clic na imaxe para ampliar.

 

Feliz entroido familias!

Graciñas!

Equipo de Extraescolares

Radio Furelo 2ºA

Coincidindo nesta semana o Entroido co Día Internacional da Radio, o alumnado de 2ºA presenta o seu episodio de Radio Furelo sobre o Entroido en Galicia e nalgún outro lugar.

Xornada de portas ABERTAS para o curso 2023/24, alumnado novo

Xa está próximo o proceso ordinario de admisión de alumnado.

O próximo XOVES día 23 de febreiro de 2023, ÁS 16:30, poderase realizar unha breve visita guiada polas instalacións do CEIP Ramón Cabanillas.

Esta visita está destinada ás familias que estean interesadas en matricular aos seus fillos e fillas para o curso 2022/23 neste centro.

Mentras poden realizar unha visita virtual a través do seguinte video:

                                  

(Vídeo creado en marzo de 2021)

Área de influencia do centro.

Dependencias do centro.

ENTROIDO 2023

XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO

ENTROIDO 2023

"Xa o di Esther" de Mateo

Mateo, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre estar despeitada ou despeitado.

"Xa o di Esther" de Noa, Valeria e Lía

Noa, Valeria e Lía presentan o seu "Xa o di Esther" sobre os sons dos animais. Ollo á colaboración estelar que sae no vídeo! A ver se adiviñades de quen se trata... É amiga do CEIP Ramón Cabanillas e botámola moito de menos, moitos bicos para ela! :)

Museo de Historia Natural "Luis Iglesias"

O pasado mércores día 1 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de primaria realizou unha saída ao Museo de Historia Natural, no parque de Vista Alegre. A experiencia foi do máis gratificante. Alí puidemos coñecer a biodiversidade existente en diferentes partes do mundo, en especial a fraga galega. Tamén puidemos ver diferentes minerais, rochas, xemas, fósiles e meteoritos. Toda unha experiencia!

"Xa o di Esther" de Rodrigo

Rodrigo, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre palabaras nivel pro na aula.

Celebramos a PAZ 2023

Hoxe celebramos a Paz.

Decoramos o centro, colaboramos escribindo PAZ en varios idiomas, participamos pintándonos bandeiras na cara, puidemos ver o traxe de Polonia que levaba Issabela, cantamos e interpretamos en lingua de signos dúas fermosas cancións.

                                                                                                           Pincha na imaxe 

Guadi Galego - Chea de vida - vídeo de AZ lingua de signos- Michael Jackson - We are the world            

         

 

Radio Furelo 3ºB

O alumnado de 3ºB presenta o seu Radio Furelo sobre o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

 

Feliz Aninovo

O alumnado de 5 anos A en nome de todo o cole quere desexarvos un Feliz Aninovo e contarvos cómo se celebra noutros países.

"Xa o di Esther" de Ada

Ada, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre os regalos e os agasallos.

 

Actuación de Raquel Queizás "Caso Azul. Integra a diabetes na escola".

 

                 

A detective privada Raquel Queizás estivo investigando, coa colaboración do alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, o misterio do Caso Azul. Logo da chamada da nai de Mariña, preocupada xa que a súa nena non voltara a casa, puxémonos a traballar! Ao longo da investigación descubrimos a sintomatoloxía da Diabetes Mellitus tipo I, que ocorre no noso corpo cando se manifesta, os seus efectos, como poñerlle remedio e como axudar a quen o precise se fora necesario. Aprendimos moito e pasámolo xenial, gracias Raquel! :)

 

"Xa o di Esther" de Pablo

Pablo, de 4ºB, presenta o seu "Xa o di Esther" sobre a locución adverbial "ás veces".

Distribuir contido


by Dr. Radut