Skip to Content

Ciencias Naturais/Sociais

COMPOSTAXE

Segunda xornada de formación para o alumnado de 4º de primaria e observación  dos composteiros instalados no patio.

20 de novembro de 2017 by 5ºA

A clase de 5ºA explícanos cómo funcionará o noso composteiro.


2:55 minutes (2.68 MB)

CHARLAS

Durante os días 8 e 9 de novembro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria asistiu a unhas charlas relacionadas co Proxecto Escolar deste curso: " A Idade Media; O Camiño de Santiago". Foron impartidas por David Chao, pai de Tomás de 4º. David Chao é historiador e con el aprendimos moitas cousas sobre a orixe do Camiño, lendas, diferentes rutas, vestimenta,... Resultaron do máis entretidas e motivadoras para o alumnado. Por todo iso agradecemos publicamente a implicación das familias nos proxectos escolares dos seus fillos/as. Neste caso, moitas grazas David Chao!

COMPOSTAXE

Dous membros de ADEGA deron unha charla didáctica ao alumnado de 4º de primaria sobre a reutilización dos residuos orgánicos. Logo montaron por grupos dous composteiros no patio para depositar os restos dos alimentos e seguir o proceso de transformación en abono ao longo do curso.

PASEO DIDÁCTICO POLAS BRAÑAS DE SAR

Saída didáctica polo entorno do alumnado de 4º e 6º guiados por Quique Álvarez, biólogo e especialista en ecosistemas. (Moitas grazas polas túas explicacións)

PLANTACIÓN

Xornada de plantación no horto escolar das Brañas de Sar organizada pola ANPA.

O alumnado de 5º de primaria plantou ceboliño, cilantro, romeu, tomiño, perifollo, albáfega, ourego, salvia e outras aromáticas, foi  acompañada dunha explicación de cada unha delas.

"DE EIRUGA A BOLBORETA" (IV)

A voar pequena bolboreta, acabas de nacer e estamos encantados contigo!
16 de maio 2017

 

CHARLA LUIS SAMPEDRO

Hoxe visitounos Luis Sampedro, biólogo investigador do CSIC e tío de Uxía Otero de 5ºB. Recén chegado da Illa Decepción na Antártida veu falar do seu traballo aos alumnos/as de 4º, 5º e 6º de primaria.

Forma parte dun equipo de científicos da Universidade de Vigo que tratan de predecir os efectos do quecemento global na biodiversidade (concretamente os efectos na poboación de macroalgas). A charla é do Programa Experiencia (FECXT, CSIC e Fundación Barrié).

Moitas grazas pola túa colaboración.

"DE EIRUGA A BOLBORETA" (III)

As eirugas están comezando o proceso de metamorfose.
8 de maio 2017

DE EIRUGA A BOLBORETA (II)

Hoxe apostamos por facer un ecosistema máis natural. Fomos ás Brañas, collimos terra, pedras e ortigas e este é o resultado que vedes.

Carla, Aldán, Anan e Iago

3 de maio 2017

DE EIRUGA A BOLBORETA

Con este proxecto pretendemos que o alumnado de 5ºA aprenda a recrear o ecosistema propio da eiruga monarca. O obxectivo é conseguir a transformación das eirugas en bolboretas.

PASEO POLAS BRAÑAS DO SAR

En colaboración co CIAC do Concello de Santiago o alumnado de 4º de primaria realizou unha actividade para coñecer a flora, fauna e unha análise medioambiental das Brañas do Sar.

PASEO DIDÁCTICO

 

O pasado día 21, as clases de 5º fomos dar un paseo polas Brañas do Sar. Acompañounos unha guía, Inés ... ler máis

 

CHARLA

Profesoras de Química da USC ensináronnos a maxia que se agocha detrás do mundo da Química. Vimos como convertían moedas de cobre noutras de ouro ou prata, con elas fixemos bolas saltarinas ou cadros abstractos nun prato de leite...Unha Pasada!!

CHARLA

Os pais de Roi, de 1ºB, son arqueólogos e ofrecéronnos unha entretida charla sobre os nosos xacementos prehistóricos.

Moitas grazas!!

SALVEMOS O SAR

CHARLA NAI DE ALUMNA

Os nenos e nenas de 1º quedaron encantados coa charla que lles ofreceu a nai de Emma de 1ºA sobre as árbores de Galicia e os tipos de bosque.

 

 

 


SAÍDA AO ENTORNO

Os grupos de 5º e 6º de primaria realizaron unha visita guiada ao Parque Granell organizada polo Concello, un dos fermosos espazos verdes da cidade situado moi preto do Colexio.

 

 

 

 


O curso do moucho

Distribuir contido


by Dr. Radut