ARQUIVO DE NOVAS GALERÍA DE FOTOS GALERÍA DE VÍDEOS AULA VIRTUAL
A pandemia parece que paralizou o mundo. Pero desde o CEIP Ramón Cabanillas queremos animarvos a continuar. Por iso, ainda que xa rematou por este ano o noso proxecto Voz Natura no horario lectivo, convidámosvos a seguir.
Podedes poñervos en contacto para organizar quedadas no verán e achegarvos ao centro educativo para recolleitar e continuar coas labores de Hortalízate.
Isto foi o que deu de si. Vémonos no verán?
Continuamos dando VIDA e cumprindo cos ODS 2030 que nos pide a ONU para lograr a sustentabilidade do mundo.
Grazas a Luz que coordina a profesorado e alumnado, grazas a estes que se implican voluntariamente a través da profe Cris, imos avanzando, pouquiño a pouco.
Pedente de reseña.
(pendente galería con máis fotos)
Este xoves , 5 de maio o alumnado de segundo de Primaria disfrutou dunha xornada didáctica polas Brañas do río Sar , grazas o enxeñeiro forestal José Antonio Grandas , pai dun alumno de 2º deste centro .
As nenas e nenos estiveron entusiasmados coas explicacións dadas e aprenderon moitisimo sobre as especies vexetais que conforman este pequeno ecosistema.
Moitisimas grazas José Antonio .
O alumnado de 5º participou da actividade VIRUS#BIODIVERSIDADE no CIPX de Santiago.despois de tanto tempo sen salir do centro por mor da pandemia, foi unha gran experiencia.
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
A horta da escola sitúase no recreo ao lado das escaleiras. O 23 de marzo, Luz, que nos axudou, explicounos cales son as cosas necesarias da horta, como sachar para que esté aireado o solo, as cores que ten (máis claras, máis escuras)...
Vimos as diferentes ferramentas que se usan ainda que, principalmente, traballamos o primeiro día co sacho.
Para min é importante traballar en hortas porque axudamos ás plantas a crecer mellor, coa terra adecuada, aireada e sen moitas rochas.
Ao principio, cando eu sachaba, non facía moita forza para non romper o sacho, pero logo Luz díxome que hai que facelo con algo de forza e agarrándoo sempre un pouco atrás, e xa empecei a facelo mellor.
Locus amoenus. (:)
Aquí temos unhas recomendacións de Luz para as seguintes tarefas.
A ver se para de chover.
O alumnado de 6º de educación primaria realiza unha Saída polas Brañas do Sar o día 19 de novembro de 2021.
O motivo é coñecer a flora desta zona. Realizamos un estudo das plantas e árbores que nos podemos atopar, con fichas de observación das especies autóctonas e invasoras para comprender mellor cal pode ser a nosa implicación na conservación da natureza.
Dentro o programa 2021/22 de Voz Natura propoñémonos retomar os proxectos propostos antes da pandemia. Un deles é o coñecemento e coidado da nosa contorna:
Castañas asadas pola ANPA das Brañas
Despois dun ano difícil, dun ano complexo no que non puidemos celebrar este evento…, o CEIP Ramón Cabanillas recupera o sorriso cun MAGOSTO colaborativo.
Cun sorriso compartido.
Un sorriso que vale máis que 1.000 palabras
1) A ANPA “As Brañas” (pais e nais voluntarios) trouxo castañas que asaron nas grellas cedidas xentilmente pola Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, durante toda a mañá.
GRAZAS!!!
2) O profesorado fixo unha organización de clases especial e preparou recursos específicos inclusivos, para celebrar todas e todos, con xogos populares este evento. Os nosos coidadores, a nosa conserxe e o persoal traballador do centro (limpeza e administración) fixeron da mañá un lugar seguro no que estar.
GRAZAS!!!
3) E que dicir do alumnado do CEIP Ramón Cabanillas?
Os grupos de sexto, unidos pero non revoltos (a COVID aínda non nos deixa), colaboraron guiando por quendas ao resto dos grupos do cole (cuxo comportamento foi fenomenal!) no desenvolvemento das actividades realizadas no exterior (xogos e degustación de castañas). Isto foi posible grazas ao labor organizativo e de preparación dos docentes de educación física.
Colaboradoras/es de 6ºA
Colaboradoras/es de 6ºB
GRAZAS!!!
Xuntas/os facemos da aprendizaxe un proceso de equipo, de sociedade, no que todas/os participamos: CONVIVIMOS.
Grazas a toda a Comunidade Educativa do CEIP Ramón Cabanillas e Feliz Magosto!!!
Algúns dos pais e nais voluntarios da ANPA As Brañas
As nenas e nenos de 5ºA estudan o relevo de Galiza a través dunha canción. Cada quen escolle o ritmo ou música de fondo para cantala, aquí tedes un exemplo:
E aquí podedes escoitar unha recopilación das distintas cancións:
Janette Rodríguez (nai de dous alumnos do Centro), Andrea López e María García son tres mulleres científicas que traballan no CIMUS no equipo de Neurobioloxía Molecular e Celular da Enfermidade de Parkinson, dirixido polo doutor Labandeira. Con elas aprendimos moitas cousas e ata precipitamos ADN!!! e con elas rematamos en 2º e 5º de primaria o ciclo de charlas da USC "Mulleres e Ciencia"