Abalar

Proxecto Abalar


 


 

 

 
Para acceder á información do portal Espazo Abalar é necesario estar autenticado. Pódese realizar a autenticación de dúas maneiras distintas:
 
A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.
Están a disposición das familias unha guía, na que se mostran as diferentes funcionalidades e servizos que os representantes legais poden utilizar dende o seu teléfono móbil, e un formulario para realizar consultas ou  tramitar incidencias relacionadas coa aplicación abalarMóbil.
A mensaxería de abalarMóbil é unha nova funcionalidade que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables. Esta nova sección está dispoñible a partir da versión 1.3.0 da aplicación móbil tanto para dispositivos Android como iOS.
 
Por DNI Electrónico 
Se dispón de DNI electrónico pode acceder ao portal pulsando no enlace. Asegúrese de que o DNI está inserido no lector de tarxetas. Para obter máis información sobre os requisitos e a utilización do DNI electrónico visite a páxina do Corpo Nacional de Policía.
 
Por Certificado Dixital FNMT  
Se dispón de certificado dixital da "Fábrica Nacional de Moneda y Timbre" e desexa acceder ao portal con el pulse aquí. Consulte a páxina do CERES para obter información sobre este certificado.

 

Poderá consultar os seguintes datos: 

Pode realizar un seguimento académico do curso actual no que o seu fillo/a se encontra matriculado, consultando as súas cualificacións por avaliación e as súas faltas de asistencia.

  • Curso actual. Pode consultar datos xerais do curso no que está matriculado o seu fillo/a como o seu titor, as súas materias e profesores, as materias das que está exento/a ou se ten algún cargo no ámbito escolar.
  • Escolarización. Pode consultar o histórico de escolarización do seu fillo/a e ver as súas cualificacións do ano anterior ao actual.
  • Datos familiares. Pode consultar os datos de contacto dos que dispón a Consellería de Educación permitíndolle modificar os seus datos se estes se encontran desactualizados.
  • Servizos complementarios. Pode consultar os datos dos servizos de transporte e comedor do seu fillo/a.
  • Centro. Pode coñecer os datos de contacto do centro onde se encontra matriculado o seu fillo/a.
  • Subscrición. Ponse á súa disposición a posibilidade de manterse informado da publicación de novas cualificacións, faltas de asistencia ou outras notificacións do seu fillo/a. Estas notificacións poden realizarse a través de correo electrónico, podendo darse de baixa destas subscricións desactivándoas cando desexe.
  • Xustificar falta. Pode xustificar as faltas de asistencia ou de puntualidade do seu fillo/a.
  • Citas de titorías. Pode solicitar unha cita co titor do seu fillo/a e xestionar as que ten pendentes.
  • Incidencias do alumno. Pode consultar as notificacións do titor sobre posibles incidencias do seu fillo/a na aula.
  • Avisos e notificacións. Pode consultar as notificacións do titor dirixidas ao grupo ao que pertence o seu fillo/a, así como outras notificacións realizadas polo centro ou pola Consellería de Educación.

 

Distribuir contido