Música


DESCRICIÓN   “Taller musical e linguaxe musical”: para a educación infantil propoñemos un proceso educativo para potenciar a expresión e a sensibilidade de disfrutar en grupo do pracer que nos proporciona a música: Cancións, xogos musicais, práctica con instrumentos (Orff), lectura musical, cun enfoque esencialmente lúdico e motivador.
OBXECTIVOS Música (nenas e nenos de Primaria)
Como obxectivo principal propoñemos unha ensinanza centrada no coñecemento e aplicación práctica dos elementos da linguaxe musical como medio de expresión e relación entre os nenos e nenas. Nesta etapa comezamos cun repaso do traballado no curso anterior e iniciamos máis específicamente o estudo da lectoescritura musical e a  educación audio-perceptiva. O canto e a práctica de ritmos terán unha importancia notable que dará paso a práctica instrumental mediante a montaxe e ensaios dun repertorio específico para o seu nivel.
En todas as sesión coidaremos a atención á diversidade e potenciaremos a igualdade entre os sexos. As cancións empregadas terán contidos humanistas e traballaranse dende consignas que faciliten o contacto e o compañerismo. Darémoslle  prioridade as cancións en galego para promover o seu emprego na escola.
Lectura das notas no pentagrama. Recoñecemento das principais figuras rítmicas e a súa correcta execución: negra, branca, corcheas, semicorcheas, negra con puntillo-corchea e os respectivos silencios. Compases 2/4 e 3/4. Entonación nos modos maiores. Práctica instrumental que inclúa os conceptos aprendidos. Educación audio-perceptiva mediante musicogramas e movemento asociado.
Nivel 2:
Repaso do traballado no curso anterior e novas combinacións de figuras rítmicas: a síncopa,nota a contratempo,o tresillo de corcheas. Compases: 6/8,4/4,9/8 e 3/8. O modo menor e discriminación auditiva do tono-semitono. Clasificación e recoñecemento de intervalos. A formación de escalas. Un primeiro achegamento a clave de Fa en cuarta liña. Práctica instrumental. Canto a unísono e a dúas voces.
Nivel 3:
Grupos rítmicos irregulares: dosillo,cinquillo. Cambio métricos nunha mesma peza musical. Compases. 2/2,12/8. Clave de Fa. Profundización no traballo de intervalos e escalas maiores e menores. Dictados e composicións propias en varias tonalidades. Práctica instrumental.

PREZO 17 €. 2h/semana
PROFESORADO

Alia Dominguez Novoa