Multiactividade


DESCRICIÓN  

Dirixida a nenos/as de educación infantil, rotando diferente tipo de actividades: plástica, movemento, xogos... para desenvolver a súa creatividade e  as súas habilidades.

OBXECTIVOS

Unha actividade extraescolar non é unha aula de calquera arte profesional, pois para iso xa temos escolas oficiais, pero si cremos que este tipo de actividades teñen que ter unha forte compoñente de educación non formal que continúe o labor da escola e ten que ter tamén unha compoñente lúdica e creativa importante pois os nenos e nenas adoecen de tempo de xogo, de socialización, de creatividade dado que no tempo de escola están “atados” ás materias correspondentes e nas actividades convencionais copian ese estilo de ensinanza tradicional.

PREZO

17,00€. 2h/semana

PROFESORADO

Paula Quintáns e Arturo Cobas Lema