Admisión 2020-2021


6. PRAZO DE MATRÍCULA PARA O NOVO ALUMNADO. 1 AO 10 DE XULLO
 

O alumnado admitido ou asignado pola comisión de escolarización deberá formalizar a matrícula do 1 ao 10 de xullo. O non facelo implicará a perda da praza asignada.

A documentación poderá descargarse nesta web ou recollerse na secretaría do centro a partir do 30 de xuño.

5.  PUBLICACIÓN DAS LISTAXES

 

 

Segundo o recollido nas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado para o curso académico 2020-2021 no apartado 7. a) e b), a consulta por parte das familias das listaxes provisionais e definitivas só se poderá realizar de forma:

  • PRESENCIAL no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar, ou
  • NON PRESENCIAL única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.
LISTAXES DEFINITIVAS: 23 DE XUÑO
  • Publicadas no taboleiro de anuncios as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos (23/06/2020).
  • Reclamacións: Recurso de alzada ante a Xefatura Territorial. Prazo: un mes.
LISTAXES PROVISIONAIS: ANTES DO 9 DE XUÑO
  • Publicadas no taboleiro de anuncios as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (04/06/2020).
4. OFERTA DE PRAZAS 2020-2021. SOLICITUDES DO 1 AO 20 DE MARZO (PRAZO AMPLIADO)
  • As vacantes definitivas en cada un dos niveis publicaranse antes do 1 de marzo.
  • O número de solicitudes presentadas irase actualizando a diario.
  • Reserva(*): Prazas para a alumnado con NEAE. De non existir acumularanse á quenda ordinaria.
  • Horario de oficina durante o proceso: Luns a venres de 09:00h a 14:00h, martes de 16:00h a 18:00h, e xoves 5 de marzo de 16.00h a 19:00h.
NIVEL    VACANTES
RESERVA (*) TOTAL   SOLICITUDES
4º EI (3 ANOS) 75 9 75 90
5º EI (4 ANOS) 0   0 -
6º EI (5 ANOS) 0
0 -
1º EP 2
2 2
3
2º EP 0   0 2
3º EP 0 0 2
4º EP 0 0 -
5º EP 1 1 -
6º EP 0 0 2
TOTAL 78 11 78 99
 
3. RELACIÓN DE ALUMNADO SOLICITANTE DE RESERVA NO IES ROSALÍA DE CASTRO 
 
  • Publicada no taboleiro de anuncios a relación de alumnado que presentou a solicitude de reserva no IES Rosalía de Castro.
2. LEXISLACIÓN, AVISOS E INFORMACIÓN XERAL




SERVIZOS COMPLEMENTARIOS XESTIONADOS POLA ANPA
 
1. CALENDARIO DO PROCESO E PRAZOS
  • DESEMPATE. Sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado na Sala de Xuntas da Consellería de C.e O.U.: TG para o primeiro apelido e EX para o segundo.
  • VACANTES. ANTES DO 1 DE MARZO. Publicación das vacantes que hai no centro.
  • PORTAS ABERTAS. Xornada de portas abertas. 5 de marzo de 2020 ás 17:00 no salón de actos. Informarase do funcionamento xeral do centro, mostraranse as instalacións e responderase as dúbidas que se teñan a respecto.
  • SOLICITUDES. 1 a 20 de MARZO. PRÓRROGA DO 11 AO 18 DE MAIO.
  • Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
  • Presentación de solicitudes xunto coa fotocopia cotexada do libro de familia ou do DNI do neno/a. (Tamén se poderá entregar a documentación acreditativa dos criterios do baremo)
  • A solicitude será única segundo o modelo ANEXO II, que poderá:

           Nestes casos a instancia sempre deberá ser entregada no centro e no prazo indicado.

  • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:

  • DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA. ATA O 26 DE MAIO a partires dos dous días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes. Entrega da documentación acreditativa dos criterios do baremo.
  • Información a respecto do padrón municipal.
  • LISTAXES PROVISIONAIS. ANTES DO 9 DE XUÑO. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. Poderanse formular reclamacións contra as listaxes no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • LISTAXES DEFINITIVAS. ANTES DO 26 DE XUÑO. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido (contra esta publicación cabe recurso de alzada perante o Xefe Territorial no prazo dun mes).
  • MATRÍCULA. 1 AO 10 DE XULLO. Formalización da matrícula dos alumnado admitido.